Partidos das categorías inferiores do CD As Pontes

No primeiro partido da mañá os Benxamíns B gañaron ó Racing de Ferrol D por 3 goles 0, nun partido con claro dominio dos locais, os tantos foron anotados por Dani Pajaro (2) e Manu. Non puideron facer o mesmo os infantís, que perderon por 0 a 2 ante o Numancia de Ares, resultado engañoso pois os locais dispuxeron de moitas e boas oportunidades que non souberon definir, si o fixeron os aresanos nas contadas ocasións nas que chegaron e acabaron levandose os tres puntos.












Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios