Campionato España de Cadetes en sala

O pasado venres desplazouse a Cambrils (Tarragona) a expedición do Club Sílex formada polos irmans Daniel e Cristina Castro Barcala, a quenes nesta ocasión acompañou Alfredo en calidade de entrenador, para disputar durante os días 15 e 16 de febreiro o Campionasto de España Cadete de Sala.
As aspiracións eran altas para Daniel e menos elevadas para Cristina.
Daniel no seu tercer ano como cadete e despois da evolución do ano pasado corroborado polos resultados obtidos, aspiraba a subir o podium, e ainda que non era imposible non o tiña facil.
Pola contra Cristina na sua primeira participación no Campionato de España Cadete no seu primer ano nesta categoria, tiña unhas aspiracións mais modestas, e despois de meterse nas eliminatorias tentar de
superar oitavos de final.
Cronoloxicamente o round clasificatorio foi ben distinto para os dous. Daniel despois de acadar a primeira praza na primeira serie con 285 puntos, terminou a clasificación com 561 puntos e terceiro lugar.
Superada esta primeira fase que se celbrou pola mañan do sábado, disputaronse a continuación os 1/16 avos.
Nesta eliminatoria enfrentouse o valenciano Daniel Barrero, a quen non deu opcións e superou por un contundente 6 a cero.
As seguintes eliminatorias disputaronse o domingo as 9:20 h. Asi en 1/8 de final enfrentouse a David Gonzalez (Federacion de Madrid) a que superou por un 7 a 1; en cuartos de final enfrentouse a Arnau
Peña (Federacion Catalana) superandoo por un 7-3, en semifinais enfrentouse a Josu Illarramendi (FederaciónVasca) a que finalmente superou por un 6-4 nunha eliminatoria na que se ian alternando victorias e derrotas.
Para a final tiveron que esperan a que os menores de 14 anos disputaron as suas eliminatorias ata as finais, que disputaron conxuntamente cos cadetes.
silex_3.jpg


Era casi a unha do medio dia cando comenzaon as finais. Daniel enfrentabase a outro dos galegos inscritos na categoria Gabriel Galante Briones, que seguira un camino moi semellante a Daniel para chegar a final.
Iniciaba a final Daniel perdendo, na segunda entrada cedia novamente un punto, na terceira das entradas iguala a final poñendose a tres puntos com Gabriel. Na cuarta das entradas volve a poñernos o corazón nun puño ó continuar o empate, xa na quinta, a o final derradeira entrada, superou a Gabriel na derradeira das frechas, decantando o seu favor o enfrontamento acadando desta maneira a medalla douro, toda unha gran final, unha final de campións.
silex_2.jpg
Sin esquecer a Cristina en oitavos de final enfrentouse a Alicia Marin (Federación Madrileña), ante quen perdeeu or un 6 a 2, o positivo e que este resultado non di o cerca que estivo de superala en mais dunha ocasión, como o demostra que na primeira das entradas foi quen de superala, e ainda que perdeu as outras tres entradas, fou por ben pouco. E unha deportista que ainda ten moito que demostrar, e no Club e os entrenadores pensamos que pouco a pouco o ira conseguindo.
Tamén temos que sinalar que na clasificación por equipos de federaciones territoriais, o equipo galego formado por Taylor Murias, Gabriel Galante e Daniel Castro acadou a terceira praza.
silex_1.jpg
Noraboa a todos os campións.
Non queremos deixar de recordar e agradecer a todos os que nos apoian para que os arqueiros do Club Silex poidan competir en todos os ambetos posibles, e que sin o seu apoio non estariamos aqui, nin como club nin como arqueiros.
A noso agradecemento o Concello de As Pontes, Deputación Provincial Da Coruña, e TomyMobile.
Xa por último comentar que rematada a tempada de sala e no impas de iniciar a tempada o aire libre comenzaremos a preparar os clasificatorios para o equipo absoluto (Selección española) e participación no Campionato de Europa cadete, que se celebran a finais de marzo.
Nova cortesía Club Sílex

También podría gustarte
Comentarios