DOBLE VICTORIA DOS EQUIPOS DE PADEL EUME

Escomezaba a xornada do sábado as 12h ca posta en escea do equipo B que se enfrontaba o casino ferrolano B.
A primeira parella pontesa formabana Armando Maseda e Oscar Bermudez que se desfacian sin moitos atrancos da parella ferrolan , solidos e sin fisuras no seu xogo un comodo 6/3-6/0 o seu favor.
Segundos entraban na pista Tony purriños e Diego Prieto os ponteses tiveron un igualado partido donde sacaron a relucir a sua experiencia en partidos deste calado, igualados os dous sets nos momentos decisivos decantouse o noso favor gracias a ese puntiño de tranquilidade que amosaron os nosos. 7/5- 6/4.
Guillermo Rivera e Jose Franco(Minchi) xogaron un vistoso partido, decantado por a forma física, o primeiro set foi un cara ou cruz que non nos sonreiu a sorte, no segundo cando as forzas escomezaro a fallar nada poideron facer os bravos ponteses ainda asi gran partido do debutante Minchi.
padel_eume_1.jpg


De seguido Jose carlos portas e Lois Penabad remataban a eliminatoria co terceiro punto para os locais, cunha posta en escea arrolladora 6/1 , deixaban as claras os rivais que tiñano moi complicado para vencer, o segundo set os ferrolans mais entonados prantaron cara os nosos, pero con moita tranquilidade e sen precipitacions levaron tamen o mesmo por un igualado 7/5.
Manel Bermudez e Nino Moledo afrontaban o partido mais difícil da eliminatoria , os ferrolans en ningún momento deron tregua e facianse cun primeiro set por un claro 6/2, no segundo os nosos entonaronse e puxeronllo moito mais difícil pero tamen o entregaban 6/4.
Importantisima victoria que nos situa no segundo posto da clasificación empatados co club padel as pontes.
As tres da tarde o Padel Eume A comezaba o seu enfrontamento contra o School padel de Ferrol B, equipo clasificado no medio da taboa. Os ponteses contaban con numerosas baixas pero como sempre este plantel soupo dar a cara en todo momento.
A primeira parella Dani Pena e Pedro Lopez entraron na pista concienciados da victoria, pasaronlles por enriba os rivais en pouco menos de unha hora 6/3 -6/0, e primeiro punto no casilleiro Pontés.
Segundos Xogaban Poty Leal e David Lake , o primeiro set foi bastante igualado cunha estratexia ben definida polos nosos, cansar os rivais e asi o conseguiron facendose con este por 6/4 , no segundo cando fallaron as forzas gracias o bo plantexamento dos nosos levarono por un comodo 6/2 e segundo punto da eliminatoria.
Domingo Rojas e Javier Bellas tiñan un durísimo enfrontamento , a pesar do seu bo xogo por momentos e de puntos espectaculares, vironse abocados a unha contundente derrota por un 6/1- 6/0.
Xalo Maira e Jorge Rivas xogabanse o cuarto punto da eliminatoria, comezaron moi fortes e con un 5/4 arriba e 40 nada deixaron escapar o set, por un 7/5, este pesou coma unha lousa nos ponteses e viñanse abaixo no segundo perdendo por un 6/2 contundente.
O ultimo punto xogabano Angel Cañizares e Marquiños Fdez, como ven sendo habitual neles mostraronse seguros e moi solidos, competindo dunha forma moi seria levaban un igualado primeiro set por 6/4 no segundo xa levaron o seu terreo os rivais e machacaronos por un claro 6/1.
Con esta victoria os Ponteses xoganse o liderato na vindeira xornada na casa do Padelmar Marea verde que segue invicto, esperemos traer boas novas .
padel_eume_2.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios