Padel As Pontes

VITORIA DO CLUB DE PADEL AS PONTES FEMININO EN FERROL ANTE O CASINO TENIS CLUB (2-3)
Merecida vitoria das pontesas este fin de semana ante o Casino Ferrolano Tenis Club.
O encontro que comezaba as 17.00 h. nas instalacións deportivas do club ferrolán, caracterizouse polo bo facer das deportistas pontesas. Con este gran resultado de 2-3 o Club Padel As Pontes feminino sitúase na quinta posición da táboa do grupo dous da terceira categoría da Liga de Pádel das Rías Altas, que lidera o Club Pedralba de Bergondo con catro vitorias.
O primeiro partido enfrontaba as irmás Elisa e María José Baamonde contra a parella pontesa formada por Raquel Tojeiro e Mari Sánchez, cun resultado favorable de 0-2 (2-6 e 3-6); demostrando a súa superioridade cun xogo cómodo e unha excelente coordinación de parella entre ambas xogadoras no terreo de xogo.
padel_aspontes_5.jpg


O segundo partido enfrontaba a Ana Eyaralar e Isabel Esteban contra Anggye García e Mónica Tojeiro, do Padel As Pontes gañando cun resultado contundente de 0-6 e 2-6; sen apenas dar opcións de xogo ás rivais consolídase así esta nova parella cunha segunda vitoria consecutiva dentro de esta competición.
O terceiro partido enfrontaba a María Jesús Adrio e María del Carmen Pieltain contra a parella pontesa formada por Rita Del Moral e Obdulia García, as cales perdían por 6-1, 6-0; a pesar do bo xogo das pontesas, o club ferrolán aseguraba unha vitoria aliñando a súa parella máis forte neste terceiro enfrontamento.
No cuarto partido Sonia Manuel e Menchi Dopico perdían o seu enfrontamento ante as ferrolás Cristina Romero e María José López por un claro 6-0 e 6-1.
Ó derradeiro e definitivo quinto partido enfrontaba á parella pontesa formada por Cecilia García e Marta Del Moral e as ferrolás Mar Farias e Dolores Ramírez. O encontro estivo moi igualado, con grandes puntos por ambos dos dous equipos, pero a parella pontesa soubo impoñer o seu xogo gañando por 4-6 e 2-6.
O equipo feminino do Club de Pádel As Pontes xogará a quinta xornada o domingo 23 de febreiro as 16.00 h. na casa, contra o Club Benigyn de Narón.
DERROTA DO EQUIPO MASCULINO DIANTE DE PADELMAR 06 (3-2)
Pola súa banda, o equipo masculino caeu derrotado por 3-2 na súa visita a Narón ante o Padelmar 06.
Os dous puntos acadados polo conxunto pontés foron obtidos polas parellas formadas por Poli Pena e Manuel Parga, que venceron ós rivais, Fernando Barranco e Jorge Franco, en tres sets (6-2, 6-7 e 6-2), mentres que Chicho Tembrás e Tono Fernández gañaron a José Corral e Carlos Montero por 6-2 e 6-3. As derrotas viñeron dos encontros que disputaron as parellas formadas por Antonio Ramos e Rubén Vivero, que perderon (6-4 e 6-1) ante Francisco García e Miguel Casteleiro; Edgar Franco e Ignacio Meizoso, que caeron por 7-6 e 6-1 ante os naroneses Esteban Moré e Antonio Jove, mentres que Pedro Romero e David Cazás perderon diante de Emilio López e David Sánchez por 6-1 e 6-2.
O Padel As Pontes segue na segunda posición con dúas vitorias e dúas derrotas, nunha clasificación que lidera o conxunto Globalpadel R Marea Ver, de Narón.
padel_aspontes_2.jpg
padel_aspontes_3.jpg
padel_aspontes_4.jpg
Nova de Padel As Pontes e AF
Fotos de Padel As Pontes

También podría gustarte
Comentarios