Esta semana durante cinco días desenrolouse o tradicional Campus de basket pontés para nenas e nenos de 6 a 16 anos, e en horario de 10:00 a 18:00.
Preto de 50 rapaces disfrutaron do baloncesto, pero de moitas outras actividades, piscina, fútbol ou baile, nos Pavillóns da Magdalena, Monte Caxado e no Concello de Muras.
Este venres disputaronse as finais, e ao remate do evento entregaron os diversos trofeos e medallas o presidente do CB As Pontes, Juan Eladio Pico, e o concelleiro Chicho Tembrás.
Tamén estivo a gran triplista canaria Patri Cabrera, sete tempadas no Baxi Ferrol, e Campiona de Europa Sub18 en Suecia 2009.
Nova cortesía de Xose Ferreiro