Amigus
As Pontes

CAMPIONATO GALEGO DE VAURIEN AS PONTES 2022

Tivo lugar esta fin de semana no Lago

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta última fin de semana de Agosto tivo lugar no lago pontés o Campionato Galego de Vela na clase Vaurien.

Vinte embarcacións diputaron sábado e domingo cinco mangas acabandose impoñendo Nacho Campos e Yolanda Bastos, do Alagua, que fixeron tres primeiros postos nas derradeiras mangas.

Outros gañadores foron Pedro Fernández e Carolina Iglesias, do Rodeira de Cangas, en Sub23.

Nicolás González e Martín Pérez venceron en Sub19, e Ana de Fátima e Marta Reboredo en Sub17, ambas embarcacións do Náutico de Vigo.

Por parte pontesa, Javi Martínez, en compañía de Teresa Cabello, foron plata en Sub23, e Carlos Lefler, formando parella con Guillermo Cunha, plata en Sub17.

Carla Pérez e María Lefler foron bronce en Sub23, e Roi García e Ana Casal quintos na categoría absoluta.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios