V CAMPUS DE RUGBI VILA DE AS PONTES 2022

Tivo lugar do luns a venres desta semana

262

Durante esta semana levouse a cabo a quinta edición do Campus de Rugbi pontés.

Ao longo de cinco días 40 rapaces e rapazas de entre catro e dezaseis anos disfrutaron de diversas actividades, coma visitas ao clube de billar ou á queixería do Eume, gimkana, piscina, piragüismo, obradoiros de manualidades, de fabricación dixital e impresión 3D con Amigus Labs e de baile, xogos de mesa, e cine.

Diversas actividades que se desenvolveron tanto no Lago, coma nos Campos do Poboado, no Lar, na Magdalena, na Casilla, A Faeira e Muras.

Ao remate do evento entregaron os diversos agasallos, o presidente Toño Ferreiro,  a concelleira Elena López, Eva Castro de Servicio Móvil, e Nacho Lezcano de Alvac.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios