Amigus
As Pontes

CAMPUS DE BALONCESTO AS PONTES

Tivo lugar esta semana no Pavillón da Fraga coa participación duns 50 rapaces

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta semana, dende o luns e ata o venres, levouse a cabo no Pavillón da Fraga, o Campus de Baloncesto As Pontes.

Participaron preto dus 50 rapaces de entre 5 e 14 anos, que, ademais de introducirse un pouco máis no mundo do baloncesto, practicaron outros deportes e iniciaronse en deportes alternativos, fixeron excursións culturais, e recibiron a visita de xogadores, adestradores e árbitros.

No derradeiro día do evento, tiveron o luxo de poder compartir uns minutos coas xogadoras do Universitario de Ferrol coas que puideron charlar, da man do seu adestrador Lino López, e despois xogar e xantar con elas.

O equipo ferrolán fixo o ano pasado unha gran campaña, alcanzando ás semifinais da Liga Feminina, nas que perdeu co posterior campión, o Perfumerías Avenida de Salamanca, contando con xogadoras como Bea Sánchez, Campiona de Europa na República Checa coa Selección Española absoluta ao bater na final a Francia 71-55, ou a viguesa María Pérez Araujo, Campiona Europea sub20 en Portugal ó gañar na final 73-63 a Eslovenia, torneo no que ademáis acadou o MVP.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios