Amigus
As Pontes

CANTAJUEGO presenta en AS PONTES: ESTÉS DONDE ESTÉS

Sábado 7 de xullo. 18:00h e 20:00h

Estrea do novo formato de espectáculo de CantaJuego “Estés donde estés”. Será a primeira e, quizá, única vez que se poderán ver os tres spin off en España. Ademais, realizarase unha grabación profesional das funcións, aproveitando o excepcional marco do Auditorio Municipal Cine Alovi.

Este é un ambicioso proxecto artístico cuxo obxectivo é levar a todos os puntos do país unha resposta de sostenibilidad e coidado do planeta, da man dos integrantes do grupo CantaJuego.

Interpretado polo Grupo Encanto, CantaJuego é a oportunidade para os adultos de achegarse aos nenos, rir, e gozar de belas cancións xunto aos personaxes que conviven no mundo da fantasía e do xogo.

CantaJuego é un proxecto pedagógico-musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas na estimulación psicomotriz e o traballo psicopedagógico.

Orientado a nenos e nenas de 0 a 6 anos, CantaJuego propón utilizar a música e o movemento para poñer en funcionamento a imaxinación e a fantasía.

Puli e Rodri, Ainhoa e Tallarín, Pizza e a Troupe serán os encargados de liderar este espectáculo, dando continuidade á exitosa serie “Viva o meu Planeta”, en 3 diferentes espectáculos onde se interpretarán os éxitos da saga e os clásicos de CantaJuego, sempre acompañados por Coco e Pepe entre outras entrañables personaxes.

VENTA DE ENTRADAS:
https://www.ticketea.com/entradas-concierto-cantajuegos-as…/

Taquilla do Auditorio: venres 6 de xullo de 12:00 a 13:30h · sábado 7 de xullo de 12:00 a 13:30h e unha hora antes de cada sesión.

Nova cortesía do Departamento de Cultura/OMIX – Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios