Amigus
As Pontes

XXVI MEMORIAL CARLOS FORNOS/ X TROFEO JOSÉ RAMÓN CORRAL 2018

O domingo 3 de xuño a partir das 10:30 terá lugar no Lago das pontes a desputa do Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2018.

Regata das modalidades de K4 e C4 das ligas galegas de cadetes, junior, senior e veteranos, tanto masculinas coma femeninas.

Estará encadrada no Grupo 1 da Liga Galega.

Horarios

Cadetes (TODOS: homes k4 e c4 e mulleres k4) e mulleres C4: 10:30, 2 voltas,
Mulleres junior e senior (k4), Home C4 Junior e senior: 11:15, 3 voltas,
k4 home senior, junior e veterano: 12:30, 3 voltas.
As mulleres C4 participarán (se as houbese) coma una única categoría absoluta.

Voltas de 3km aproximadamente.
Ao final das 2 primeiras voltas (na primeira para os cadetes) portearase pola praia por unha distancia duns 75m. A zona límite de embarque e desembarque estará debidamente sinalizada con bandeiras e valados.
A sáida sera dende a praia co carto integrante da embarcación en terra situado detrás dunha liña de cinta e na zona delimitada para as saidas na parte máis á dereita da praia.
A organización recomenda o uso de cubrebañeiras e achicadores en todas as embarcacións.

Trofeos

Ademáis dos premios “individuais” ás tres priemeiras embarcacións de cada categoría, a organización fará entrega dos seguintes trofeos:

Trofeo memorial Carlos Fornos: mellor equipo senior, junior e veterano home (k4+c4)
Trofeo memorial José Ramón Corral: mellor equipo cadete home (k4+c4)
Trofeo Concello das Pontes: mellor equipo feminino (todas as categorías).

Nova cortesía de Grupo Xuvenil Piraguismo As Pontes

También podría gustarte
Comentarios