Amigus
As Pontes

Capela de Pena de Francia

En semanas anteriores conteivos algo sobre as capelas de Pontoibo, Gondré e o Caneiro. Nesta ocasión quero recoller o material que don Enrique publicou acerca da Pena de Francia, e engadir algo do que se está a traballar sobre documentación de esta capela e dos bens dos seus fundadores, que moraron no barrio de Solloso.

MAPA DE GALICIA. REXIÓN DO EUME. SÉCULO XVI-XVII
Mapa-de-Galicia.jpg

Quero facer constar, antes de presentarvos esta recopilación de datos, -algúns se presentan hoxe por primeira vez (novedosos) e outros que son artigos publicados sobre a capela, especialmente por don Enrique Rivera Rouco-, que no referente á historia da Capela da Peña de Francia, contamos hoxe con importantes datos, que anteceden a súa presencia en máis de cen anos, á data que don Enrique nos daba, cando se basou nos escritos de Lence Santar.


Don Enrique, atribuíu o nacemento da Capela da Peña de Francia á familia do Rexidor da Vila de Mondoñedo, porque os datos cos que contou, no seu momento, proviñan do antigo cronista mindoniense Lence Santar. Éste tiña datos dun Sanjurjo de Montenegro, que fora Rexidor da Vila de Mondoñedo. Pero hoxe, estase a realizar unha moi boa publicación sobre a Capela da Peña de Francia e as familia dos Sanjurjo e Solloso, que nos amosa novos datos do Freixo, e nos remiten a que a fundación da capela respondía a un antigo desexo do que fora crego nativo do Freixo (Basco Sanjurjo) e do seu descendente, o antepasado do Rexidor de Mondoñedo, que fora Rexidor da Vila de Viveiro en 1591. Por respeto ó traballo deste investigador, non citarei os fondos documentais nos que se basa, ainda que vos presentarei algún documento inédito sobre todo esto, para deixar proba do que afirmo, quedando toda esta cuestión para un artigo posterior que se tratará máis adiante.
Cando realizamos o traballo de catalogación de pratería das parroquias de As Pontes, gracias á inestimable axuda de D. Carlos Adrán Goás, catalogamos un cáliz, que estivo na exposición “Memoria Santa”, con data de 1591, regalado polo sacerdote, Basco Sanjurjo de Montenegro á parroquia de San Xoán do Freixo. Don Enrique fixo mención a este cáliz, no traballo que se publicou en Estudios Mindonienses, e que reproduzo hoxe íntegramente neste artigo. Pero don Enrique, tomou nota de ese cáliz e dos seus datos a través dunha anotación que existe nun libro parroquial do Freixo. Por esta razón, don Enrique falou de “Blasco” Sanjurjo, en lugar de “Basco” Sanjurjo, que é o que pon de certo o cáliz, o mesmo aconteceu coa data, don Enrique citaba 1659, cando o cáliz ten claramente inscrito 1591.
¿Quenes foron Basco Sanjurjo de Montenegro, e ese Rexidor da Vila de Viveiro que están tra-la Capela e lugar de Solloso na Peña de Francia? Pois, sería longo contalo todo, e iso déixollo ó traballo profesional de ese investigador. A grandes rasgos, vouvos resumir o asunto.
No Freixo houbo un crego, do que se conserva a casa cun cáliz gravado no dintel. Era Basco Sanjurjo de Montenegro, e foi quen no 1591 regalou ese cáliz á parroquia do Freixo. Basco era crego, e quixo levantar a capela da Pena de Francia. Ó parecer falece sen poder levar a cabo esta obra que realizará o seu fillo. Basco non lexitimou a ese fillo (Alonso Sanjurjo de Montenegro) pero sí o legalizou, para que tivese acceso á súa fortuna. Basco falece e é soterrado na Igrexa de O Freixo. Alonso Sanjurjo de Montenegro, o seu fillo será logo Rexidor da vila de Viveiro. Levantará unha capela adosada á Igrexa de San Francisco (capela de San Ildefonso) que sirviu de contraforte para que esta Igrexa non caese, nela está soterrado el, xunto ós restos de Basco (o seu pai), que mandou traer dende a Igrexa de O Freixo.
Ás veces as capelas eran fundadas por uns patronos, pero ó Bispo de Mondoñedo lle competía sempre aproba-la fundacións e velar polo cumprimento das condicións fundacionais. Esto facíano nas súas visitas pastorais, e quedaron refrexados, nas actas levantadas nelas, moitos datos do estado das capelas.
En áreas xeográficas rurais de longos e crudos invernos, con camiños en mal estado, facilitouse, por medio delas (cando todavía había moitos cregos) a asistencia á Misa dominical ós feligreses que difícilmente poderían ir ó templo central da parroquia.
(Transcribe e presentavos os datos: Xabier Martínez)

FOTO DA CAPELA DE SAN ILDEFONSO ONDE ESTÁ SEPULTADO BASCO SANJURJO E O SEU FILLO, O REXIDOR DA VILA
Capela-de-San-Ildefonso.jpg

D. Carlos Adrán Goás, xunto con D. Santiago F. Pardo de Cela, escribiron o seguinte nun artigo titulado “La Capilla de San Ildefonso”, no libro-pregón da Semana Santa de Viveiro 2004, 11-17 pp:
DOCUMENTO DO XVII ONDE SE CITAN AS POSESIÓNS DA CASA DE SOLLOSO NO FREIXO
Don Alonso López Sanjurjo de Montenegro nació en San Juan do Freixo, en la casa de Solloso. Era hijo de Basco Sanjurjo de Montenegro y de doña María Vizosa, señora de dicha casa. Nieto paterno de Alonso Sanjurjo de Montenegro y de doña María Fernández da Fraga, vecinos de San Simón de la Cuesta, señores de la casa de Budián. Era hermano de doña Margarita Sanjurjo casada con Antonio González de Cora, señor de la casa de Corgos (Suegos).
El 5 de enero de 1591 don Alonso, vecino de Viveiro, dio poder a Gregorio Pardo y Aguiar, estante en la corte, para que le ganara el título de regidor de Viveiro. Felipe II (1556-1598) firmó el título de regidor, por renuncia de don Juan Vivero Baamonde, en San Lorenzo del Escorial el 29 de junio de 1591. Tomó posesión el 27 de julio de dicho año.
Alonso casó con doña María Vizosa de Valcárcel, hija de Álvaro López de Serantes, de la que no hubo descendencia. Tuvo dos hijas naturales, María López y María Ramos, que legitimó por real provisión de Felipe III (1598-1621) dada en San Miguel el 15 de febrero de 1605, a las que, aunque legitimadas, no pudo dejar herederas.

DOCUMENTO FIRMADO POLO REI, FELIPE III, DIRIXIDO Ó REXIDOR ALONSO SANJURJO DE MONTENEGRO LEXITIMANDO ÁS SUAS FILLAS
Otorgó testamento el 27 de noviembre de 1605 ante Miguel Galo por el que funda aniversario de misas en su capilla y encarga a su heredero, Fernando Sanjurjo Pedrosa, funde mayorazgo con sus bienes; lo que hizo el 20 de Septiembre de 1608.
Falleció en Viveiro el 23 de enero de 1606 y fue enterrado en la capilla de San Ildefonso en San Francisco de Viveiro, que reconstruyó…
…1º patrón (1606-1625) Fernando Sanjurjo de Pedrosa y Montenegro…
…2º patrón (1625-1635) María de Montenegro…
…3º patrón (1635-167?) Fenán Sanjurjo Montenegro y Pedrosa.
Heredó de su esposa el señorío de dichas casas. Fue capitán del Cabato de Vilalba, regidor perpetuo de Mondoñedo y tercer patrón de la capilla de San Ildefonso. Era hijo de Alonso López Sanjurjo Montenegro (hermano menor de Fernán Sanjurjo de Pedrosa) regidor de Mondoñedo y de doña María Catalina Vizosa de Valcárcel. Nieto de Baltasar Sanjurjo Montenegro y de doña Ibora (Elvira) Yáñez de Pedrosa. En 1635 tomó posesión del vínculo y en 1643 le incorporó los bienes del Comisario Rodrigo Díaz Sanjurjo Montenegro, cura do Freixo.
Casó en segundas nupcias con doña Florencia de Estúa y Miranda, fundadora del Santuario de Nuestra Señora de la Peña de Francia en el lugar de Solloso do Freixo, y de la capilla de la Concepción en Mondoñedo.
Hizo testamento en Tuy el 18 de agosto de 1671 ante Juan Antonio López Carvajal, por el que incopora el oficio de regidor perpetuo de Mondoñedo a la casa de Pude. Le sucedió su hija única doña María Juana de Estúa y Miranda.
4º Patrón (167?-169?) María Juana de Estúa y Miranda
Señora de las casas y patronatos de sus padres. Casó con su primo José de Montenegro y Ribadeneira, señor de la casa de Bodán en San Simón de la Cuesta, y regidor perpetuo de Mondoñedo. Ella y su marido fueron los primeros patronos de la capilla de San Roque y San Antonio, en San Juan do Freixo, desde el 15 de noviembre de noviembre de 1666, por nombramiento que les hizo el licenciado Antonio Sanjurjo Montenegro, cura de la feligresía. En 1672 el citado clérigo otorgó su testamento en que funda la capilla de Nuestra Señora de la Concepción y nombra patronos a sus sobrinos. Tuvieron por hija única a doña María Agustina de Montenegro, que les heredó.

DOCUMENTO DA FUNDACIÓN DA CAPELA DA INMACULADA NA PARROQUIA DO FREIXO
Fundacion-da-Capela.jpg

DATOS DE DON ENRIQUE SOBRE A FUNDACIÓN DA PENA DE FRANCIA, SAN MARTIÑO DE GONDRÉ, E SAN RAMÓN DO PARAÑO.
Fundación das Capelas: segundo don Enrique Rivera Rouco, a Capela da Pena de Francia tería a súa orixe fundacional nos Condes de Montenegro de San Simón da Costa; a de San Martiño de Gondré no Conde Pita de Mera; a de San Ramón do Paraño, polas familias Lorenzo da Fraga e Ignacio López de A Forxa. (Cf. Enrique Rivera Rouco, “As Pontes ayer y hoy”, en Revista das Festas do Carme e a Fraga 1990, 21-23 pp).
LIBRO DE FÁBRICA DE AS PONTES

Polo libro de fábrica de As Pontes, nº 1, 1715-1825, que se atopa no Arquivo Diocesano de Mondoñedo sabemos o seguinte sobre as capelas:
Folio 25 v, ano 1730: chámase a poñer “con toda decencia” as capelas da Magdalena, San Martiño de Gondré e da Nosa Señora de As Neves de Cervicol.
Folio 26 v, ano 1730: mándase poñe-lo esquilón e branquear ás “hermitas” de Nª Sª del Caneyro. San Mamed “de los Cavallos”.
Folio 39v e ano de 1732: manda derriba-las capelas por non cumplir o mandato de reparalas adecuadamente.
Folio 42v –43: o seis de Setembro de 1732 dícese que non se tiveron demolido as capelas e da orde de facelo así antes de oito días. Refírese ás capelas de San Martín de Gondré e da Virxe das Neves de Cervicol, so pena de Excomunión maior.
Folio 64v, ano de 1741: proponse reconstruir Cervicol con materiais da antiga capela derruída.
Folio 66v, ano de 1741: blanqueouse a vella capela de Marraxón adicada á “Sª de Marrajón”. (lembremos que esta capela é a antiga, pois a actual é de 1901).
Folio 66v, ano de 1741: mercouse o santo de “S. Salvador” da capela de Yllade e unha santa Lucía, a cargo dos encargados da capela de Yllade.
Folio 82 v e 83: dícesenos que en 1741 foi demolida a capela de Cervicol e que se realizou a nova.
Folio 91 v: tamén en 1741 se tería realizado unha fiestra (lucernario) na vella capela de Marraxón, con un coste de 221 ducados.
O INFORME DE 1951

En 1951 realizouse un cuestionario ás parroquias para a confección da “Guia de la Iglesia en España”. Nas respostas de ese cuestionario aparece que en Espiñaredo había unha “Ermita de Santa Eulalia de Mérida” que non tiña culto habitual, nin ornamentos, situada a 3 kilómetros do templo. Non tiña espadana, nin campás, nin sufríu desperfectos na guerra, estaba “en ruinas por hallarse enclavada en una zona de yacimientos de lignito pretenden expropiarla”.
Dende Somede informouse sobre a Capela de San Miguel (Valiña) e a Capela da Nosa Señora das Neves (Cervicol). Sobre a primeira dícese que non tiña culto habitual, nin Santísimo, e que o estado dos ornamentos era mísero. As súas imáxes catalóganse coma do século XVIII, atopándose a 4 kilómetros da parroquia. Tiña unha espadana cunha soa campá, e non sufrira desperfectos na guerra. Da segunda capela, a de Cervicol, dícese que non tiña culto habitual, nin Santísimo, que o estado dos ornamentos era mísero, as súas imaxes ubícanse tamén no XVIII, estando a unha distancia de 3 kilómetros da parroquia. Non tiña espadana, nin campás, nin sufrira desperfectos na guerra.
Dende o Freixo informouse das súas catro capelas. O santuario da Nosa Señora da Pena de Francia non tiña culto habitual, nin Santísimo, o estado dos ornamentos era pobre, o retablo e as imaxes catalóganse coma do XVIII e XIX. Atópase a 8 kilómetros da parroquia, tiña unha espadana cunha campá, e non sufrira ningún desperfecto na guerra.
A Capela da Nosa Señora de Merlán tampouco tiña culto habitual, nin Santísimo, non se detalla nada sobre o estado dos ornamentos, as súas imáxes catalóganse coma do XVI e XVII. Dícese que estaría a 12 kilómetros da parroquia do Freixo, que tiña unha espadana cunha campá e que non sufríu desperfectos na guerra.
A Capela de Santo Tomás tampouco tiña culto habitual, nin Santísimo, non se cita nada do estado dos ornamentos, as imaxes catalóganse no XVII, distaría da Igrexa 7 kilómetros, tería unha espadana pero ningunha campá, e non tería sofrido desperfectos na guerra.
A Capela de San Miguel (Sangoñedo) non tería culto habitual, non tería Santísimo, non se cita o estado dos ornamentos, catalógase o retablo e as imaxes coma do XVII, estaría a 5 kms da Igrexa parroquial de O Freixo, tería unha espadana e unha campá, e non tería sofrido ningún desperfecto na guerra.
A CAPELA DA PENA DE FRANCIA DO FREIXO

FOTO DA CAPELA DA PENA DE FRANCIA DE O FREIXO
penadefrancia_frontal.jpg
Capela-Pena-de-Francia.jpg
FOTO DO SANTUARIO DA PEÑA DE FRANCIA DE SALAMANCA
Pena-de-Francia-Salamanca.jpg

“Pena de Francia” de O Freixo
Por Enrique Rivera Rouco, en “A nova Unión”, nº 4, Abril 95, 2ª quincena, 16 p.
El Santuario de Ntra. Sra. de “Pena de Francia”, secularmente famoso por el ingente número de devotos que hasta fechas recientes a él acudían e incluso peregrinaban desde pueblos lejanos, así como por su origen y asistencia señorial, hállase situado en la feligresía de San Juan do Freixo (término municipal de As Pontes de García Rodríguez-Coruña) en un paraje quebrado de incomparable belleza, sombreado por densos robledales y a la vera del arroyo “do Acibreiral”, junto al barrio de Solloso.
Según los datos que se conservan en el Archivo Diocesano de Mondoñedo y en el Parroquial de O Freixo, fue erigido en el año de 1665 por los Señores feudales Don Fernando Sanjurjo Montenegro y su esposa Dª Florencia de Estua y Miranda, moradores del palacio de Pude de San Simón de La Cuesta (Lugo), y con motivo de ser entonces “Cura Propio” de O Freixo Don Antonio Sanjurjo Montenegro, hermano de dicho Conde.
Poseyó incluso capellán propio hasta el siglo XIX, así como bienes, mayordomos y cultos floreciente, en cierta medida prolongado a la actualidad.
Resulta un tanto extraño el nombre de “Peña de Francia” en una región tan distante de Francia como es Galicia.
Haciendo averiguaciones sobre este asunto he sido informado de que al sur de la provincia de Salamanca, en el límite con Cáceres, existe un Convento con Santuario dedicado a la Virgen de este título, en una alta cumbre (a 1.800 mts. Sobre el nivel del mar) llamada “Peña de Francia”.
Según los datos que me facilitó la historiadora de Salamanca, Dª Pilar Magadán Chao y los obtenidos en la guía de dicho Santuario publicada por D. Fernando Soria Heredia, una colonia de trabajadores franceses se estableció en este paraje en el siglo XI para realizar labores contratadas en orden a la repoblación de la provincia ocasionando las denominadas del lugar y entorno: “Peña de Francia”, “Sierra de Francia”, “Nava de Francia”, “Río Francia”, etc., donde incluso perduran aquellos originariamente franceses.
El documento más antiguo que se conserva con el nombre de “Francia” aplicado a esta comarca está fechado en 8 de Enero de 1.289 al señalar los límites en una donación pasada entre Granadilla y La Alberca.
Al ocurrir las incursiones moriscas por estas tierras, subiendo (según la historia) por tierra portuguesa y desde la plaza de Coria por el puerto de Hoyos, los pueblos vecinos de la Sierra de Francia tuvieron que buscar refugio en sus fragosidades llevando consigo lo que tenían de más estimable, sus imágenes, a fin de impedir la profanación de las mismas por los infieles.
Quedaron allí guardadas en una cavidad, entre las peñas, hasta su posterior hallazgo en el siglo XV. El examen arqueológico de las imágenes ratificó su antigüedad concorde con estos datos. Fueron halladas cuatro: de la Sma. Virgen, de Santiago, del Sto. Cristo y de San Andrés. Desde entonces hasta nuestros días obtuvo extraordinaria devoción la Virgen, que llevó el nombre de “Virgen de Peña de Francia”.
En 1437 los monjes dominicos, movidos por estos sucesos, pidieron y alcanzaron de los Obispos limítrofes de Salamanca, Ciudad Rodrigo y Coria (cuyos deslindes diocesanos coinciden en este lugar) licencia para instalarse allí como capellanes de Nuestra Señora.
Pronto, y con autorización regia, erigieronb Convento con Iglesia y Hospedería, donde se acogiese la multitud que concurría al Santuario; instalaciones que se hallan en uso en la fecha actual.
Paralelamente a estos datos históricos no faltó un relato legendario, que aún hoy se comenta, según el cual la Sma. Virgen se apareció en París a un joven estudiante francés, llamado Simón Rolán, y le impulsó a la búsqueda de una imagen suya escondida “en tierras de Occidente” en una gruta de la “Peña de Francia”, donde, una vez hallada, debería construir una iglesia.
El joven vino en peregrinación a Santiago de Compostela y al regresar, desviándose por Salamanca, conoció que en una sierra de la zona había el nombre de “Peña de Francia”. Con la ayuda de los allí moradores rastreó la zona y halló la imagen. Se consagró al cuidado de la misma, construyendo en la cima una capilla en la que ocurrieron diversas curaciones milagrosas. En el siglo XV fue sustituída la capilla por el actual suntuoso Templo y el Cenobio, obras de los Dominicos.
De este Santuario nacieron otros varios como el de Lima, erigido en 1614, en el que se venera la Virgen de la “Peña de Francia” –“La Virgen de los pobres” en cuya iglesia, según el cronista indio Felipe Huaman Poma, se albergaban los indígenas que acudían a reclamar sus derechos al Virrey.
Asimismo, del primitivo Santuario salmantino tomó origen la advocación de la Ermita de “Peña de Francia” de O Freixo.
Sus fundadores, en el siglo XVII, los Condes de Montenegro fueron conocedores y devotos de este titular en sus viajes por fuera de Galicia.
Después de un notorio historial se conserva hoy la capilla, amplia y en buen estado. Reformada en 1929-31, le queda de su primitiva fábrica el pórtico de la entrada y la espadaña, de sabor muy antiguo, cual se aprecia en la estructura de la misma, con sus remates y molduras en forma de cimacio.
Siguiendo la normativa de los primeros estatutos se mantienen en la misma las cuatro tradicionales romerías: el lunes de Pascua de Resurrección, el lunes de Pascua de Pentecostés, el 8 de Septiembre y el día de la Navidad.

A CAPELA DA PENA DE FRANCIA DO FREIXO

Pilar Magadán Chao, Serranas fuentes inéditas sobre el Santuario de Peña de Francia (II), Separata Archivo Dominicano, Tomo XIII, Salamanca 1992. 268-280 pp.

También podría gustarte
Comentarios