Carla Franco, doble finalista no Campionato Galego Cadete de Atletismo de Vilagarcía

Unha xornada cunha climatoloxía estupenda para as probas foi a que se deu o pasado sábado nas pistas de atletismo de Vilagarcía, a calor e un sol espléndido acompañou durante todo o día.
Por parte do Olympo Carla Franco participou no salto de altura e os 600 metros lisos.
A primeira proba da mañá foi o salto de altura, ás 11:00, os nervios do debut e a presión do campionato fixo que Carla non se puidera achegar á súa marca persoal, pero igualmente logrou un fantástico posto 8 saltando á primeira o 1,25 metros, que tendo en conta que é cadete de primeiro ano e era o seu primeiro campionato en pista presaxia grandes actuacións da atleta pontesa. Gañou Noa Ramírez, de Cuntis, segunda Sheila Gonçalves, de Ourense e terceira Alba Pazos, do San Narciso.
Xa máis tranquila e con gañas de desfrutar, pola tarde, ás 18:35 participou na serie B dos 600 metros lisos. Saída en cabeza cun forte ritmo que fixo que gañase cómodamente a súa serie e mellorase o seu tope persoal para deixalo en 1:56:94.
No cómputo xeral de marcas acadou o posto 7. Unha mágoa non poder correr na serie A, xa que as sensacións daban para mellorar uns segundos a súa marca. Venceu Judit García (Ría Ferrol), Seguida de Elba Vélez (Lucense) e Lucía Cardesín (Pontevedra).


Nova cortesía de Susana Castro

También podría gustarte
Comentarios