AUTOPISTA CARA O ASCENSO

Tremendo o resultado colleitado polos nosos cracks no primeiro partido de play off de ascenso a categoría de plata do padel galego, os ponteses vencían por 2-3 na difícil cancha do equipo CSC oficoruña .
Como primeira parella entraban Dani pena e Fer caaveiro, escomezaron o primeiro set bastante dubitativos e imprecisos non encontraban o ritmo adecuado , os rivais xogaban as suas cartas e propoñian u partido moi lento e con pouco ritmo , o cal enfriaba os ponteses moito mais ofensivos e contundentes, chegabase o tie break do primeiro set e gañabano con contundencia por un claro 7/2 , o segundo set soltaronse e foi un puro espectáculo con un sinfín de remates potentes e boleas contundentes 6/1 e primeiro punto para Padel Eume.
“padel”


A segunda parella formabana Manuel Ferro e Dani Lopez , chegando a un final de set igualado souperon con moita tranquilidade romper no momento definitivo e levalo por 6/4, o segundo set transcorria polos mesmos derroteiros pero xa colleron distancia dende o comezo e con un xogo practico sin moitas florituras arrancaban un 6/2 que nos daba o segundo punto .
A terceira parella Angel Cañizares e Xalo Maira entraban na pista e nun abrir e cerrar de ollos caialles un contundente 6/0 en contra , os nosos en ningún momento se puideron adaptar a unhas pistas moi rapidas e con un bote da bola moi vivo , cando se foron metendo no partido xa foi tarde pero venderon cara a sua derrota e perderon o segundo set por un igualado 6/3.
Pachi Dopico e Poty leal formaban a cuarta parella , foi un visto e non visto , os ponteses como autenticos obuses arrasaban os locais e en menos de media hora sacaban a bolazos da pista os coruñeses 6/1 6/2 e punto que nos pon o ascenso moi moi preto.
Para a ultima partida quedaban David Lake e Santi Franco xogaban un trepirante partido de casi duas horas, entraban frios e imprecisos, caeulles un serio correctivo no primeiro parcial 6/0 , pero coma ave fénix resurxiron das suas cenizas con golpes incribles (guadañas do gran Lake) e baixadas de parede do coloso San, e gañaron o segundo parcial por un claro 6/3 , este set foi o regalo que necesitaba o equipo que nos pon o ascenso a tan so duas victorias na casa , no terceiro parcial quedamos con un sentimento agridoce despois de ir 3/0 arriba o cal casi certificaría o ascenso de categoría viñanse abaixo por problemas físicos e perdían por 6/4. Ainda asi o set de ouro deixanos as portas do ascenso.
Para a semana a sentenciar na casa, con duas victorias en dous sets o equipo militara o ano que ven en categoría de plata do padel galego todo un fito para o pobo pontés. Animo e sorte cracks.
padel
padel
padel
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios