CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 16/17/18 – Maio – 2014

COPA DE AFECCIONADOS: CD As Pontes B – UD Cebarca (1-1)
O segundo equipo quedou apeado da Copa tras perder na primeira eliminatoria ante o Cebarca. Pese a xogar na casa e ante o colista e equipo descendido, adiantáronse os visitantes de penalti ó pouco de comezar o encontro . Mediado o segundo tempo empatou o As Pontes por medio de Marcos, e a eliminatoria tívose que decidir ós penaltis, nos que estiveron máis atinados os visitantes e venceron 2-3 conseguindo o pase á segunda eliminatoria, onde se enfrontarán ó Meirás.
Xogaron polo Club DeportivoAs Pontes: Krikry, Ferreiro, Nando, Darío, Carlos, Héctor, Criado, Villar, Javi, Troncho, Samuel e no segundo tempo entraron Marcos, Juan, Adrián e Gonza.
copa


“copa”
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Imperátor (1-2)
Tras unha mala campaña complicouse moito a vida o equipo xuvenil no derradeiro partido na casa. Recibía o Imperátor, equipo que vai penúltimo, case descendido, pero que nas últimas xornadas viña facendo unha gran remontada, o contrario que os ponteses. E esa remontada confirmouna o sábado vencendo no Poboado, por 1-2. A pesar de que se adiantou o equipo pontés, remontaron cun gol de penalti e un gran tanto polo escuadro, e a pesar de que xogaron gran parte do segundo tempo cun xogador menos e das embestidas locais lograron conservar a vitoria e as posibilidades de salvación.
Outra mala noticia chegou dende Betanzos co triunfo do equipo local ante o Lugo B, 2-1, o cal deixa ós da terra do repolo dependendo de si mesmos para salvarse, necesitan gañar en Conxo no último partido. O As Pontes deberá gañar si ou si en Santiago ante o colista e descendido Fátima, pois ten ó Imperátor a un so punto e si o equipo coruñés supera ó As Pontes aí xa non habería nada que facer. De gañar en Santiago o As Pontes tería dúas opcións, superar ó Betanzos, quedar cuarto pola cola e salvarse por méritos propios, ou superar so ó Imperator, quedar terceiro pola cola e agardar que a Federación Galega confirme ó descendido Calasancio de Monforte no Grupo Sur e non no grupo Norte co cal salvaríanse os azuis.
Na Liga Nacional, o Choco de Redondela (gañou 4-1 ó Residencia) que semellaba desafiuzado, ven facendo outra remontada nas derradeiras xornadas coma o Imperátor, e a falta dunha xornada, e cun descenso en xogo entre catro equipos, a situación sería a seguinte, Caranza 38, Montañeros, 38, Pabellón Ourense B 37 e Choco 36. Ó As Pontes convenlle que se salven os dous equipos do Norte, que dependen de si mesmos para seguir tendo posibilidades.
Pero, de momento e agardando á derradeira xornada, Betanzos ten 32 puntos, As Pontes 30, Imperátor 29 e Atlético Fátima 24.
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
COPA FEMININA: CD As Pontes – R. Ferrol (1-4)
Perdeu (1-4) o equipo feminino ante o mellor conxunto da comarca, o Racing de Ferrol, que se adiantou con tantos de Carmela (2), Silvia e Paula. Carlota anotou o tanto da honra das azuis. O Ferrol convértese en semifinalista con 10 puntos, mentres que o sorprendente empate do Val ante o Santa Mariña, fai que o As Pontes teña 6 puntos e o cadro valexo 5, co que O Val-As Pontes da derradeira xornada semella decisivo para coñecer o segundo clasificado do grupo. Aínda así, no grupo dous xogaranse a primeira praza entre San Sadurniño e Maniños, aínda que semella que o mellor segundo clasificado sairá deste grupo, e no terceiro é o Mandiá o que xa está clasificado. Xogaron polo As Pontes: Leti, Andrea Pita, Andrea Montero, Noelia Ameneiro, Paula, Carlota, Patri Dopico, Silvia, Alba, Nuria, Lía e Yara.
“feminina”
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
feminina
LIGA CADETE: Cedeira SD – CD As Pontes (2-4)
Rematou o equipo cadete a Liga cunha vitoria en Cedeira (2-4), o cal non lle valeu para acceder a unha das dúas prazas da fase de ascenso que foron para Ánimas, campión con 44 puntos, e Eume con 42. Os azuis rematan nunha boa terceira posición con 39 puntos.
LIGA INFANTIL: R. San Pedro – CD As Pontes (1-10)
Nunha emocionante Liga coma a da Primeira División, acabou o As Pontes Infantil de segundo con 52 puntos, a un do Portuarios campión con 53, e empatado co Racing de Ferrol B tamén con 52 na terceira posición. Venceron 1-10 ó San Pedro, pero o Portuarios fixo ó Mesmo, 0-2 ó Narón, e o Ferrol B 1-3 en Perlío. Teñen o premio de xogar a fase de ascenso xunto ó conxunto arlequinado.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase): Eume Deportivo – CD As Pontes (7-1)
O Alevín A perdeu 7-1 en Pontedeume ante o cuarto clasificado o derradeiro encontro da segunda fase da liga e remata duodécimo con catro puntos na competición dos mellores da comarca.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Numancia Ares – CD As Pontes (3-3)
CD As Pontes B – SD Ánimas (1-2)
O Benxamín A empatou (3-3) en Ares ante o terceiro, o Numancia, namentres que o Benxamín B perdeu (1-2) na casa ante o cuarto, o Ánimas. A falta de dúas xornadas, marcha oitavo o A con 36 puntos e décimo o B con 18, recibindo ó Val B os primeiros e visitando ó Val A os segundos.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
CATEGORÍA BIBERÓN: CD As Pontes – Eume Deportivo (0-2)
Derrota do equipo biberón ante o Eume Deportivo (0-2) en partido disputado na tarde do pasado venres, no que os pequenos xogadores bastante fixeron con manterse de pe, debido ó forte vento que imposibilitaba a práctica do fútbol.
“biberon”
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios