Amigus
As Pontes

CARREIRA DA MULLER. A CORUÑA. DOMINGO 22 DE SETEMBRO DE 2013

Quedan apenas seis días para a Carreira da muller na cidade herculina, e o número final de inscritas polo Olympo de As Pontes é de 278 rapazas, esperemos que todas as inscritas poidan participar e rematar a proba!!
Tras as moitas peticións para seguir adestrando con nós tras a proba comunicamos que esta nova tempada o Club creará unha nova sección para os adestramentos populares coas mulleres interesadas, facendo adestramentos específicos para elas e buscando as mellores carreiras para competir se así o desexan. A tempada oficial comeza o día 1 de novembro, pero en outubro xa comezaremos cos adestramentos (intentaremos adaptar o horario de adestramento ás rapazas interesadas), en breve informaremos de como se poden facer socias e todas as vantaxes que terán ó ser socias do Olympo. Temos o correo de todas e publicaremolo todo no blog e no facebook. Non vos preocupes rapazas!!!! Que ides a saber de nós!!!
CARREIRA:

  • Recordamos a todas as rapazas que se sitúen na liña de saída na posición acorde co seu nivel. As rapazas que vaian a facer a proba camiñando deberán poñerse na parte final, as rapazas que teñan previsto facer a proba en menos de 22 minutos poranse nas primeiras filas de saída. Ata uns 30 minutos da metade para adiante, e entre 30 e 40 minutos polo medio da saída. Recordade que colocarnos ben na saída benefícianos a todos!!
  • A carreira sairá ás 10:00 polo que debemos estar atentas á megafonía que nos indicará que nos vaiamos situando na liña de saída aproximadamente 15 minutos antes. Sede puntuais!!! Que o pistoletazo de saída non agarda por ninguén!!!
  • O dorsal ten que estar colocado na parte dianteira do peito e ben visible, deberá chegarse á meta con él ben colocado para entrar na clasificación.
  • O percorrido estará debidamente senalizado, é necesario facer o recorrido completo para entrar na clasificación.

O mércores 18 tras o adestramento faremos unha pequena reunión para aclarar todas as dúbidas que se plantexen de cara a carreira. (O adestramento será ás 21:00 polo que a reunión será aproximadamente sobre ás 22:00)
carreira_1.jpg


Recollida de dorsais, bolsa de corredora e camisetas:
Sitio: Opticalia Callao. (Avda. de Galicia nº49, As Pontes)
Hora: venres 20 de 16:30 a 20:00
sábado 21 de 10:00 a 13:30
“Se algunha rapaza non pode recoller os dorsais, entregaranse no autobus como última opción, ou na Coruña ó chegar. Prégase que se recollan o antes posible para facilitar unha boa organización”
Saída dos autobuses:
Sitio: cine Alovi
Hora: 7:30 (os autobuses sairán puntuais, polo que hai que estar un pouquiño antes para ir organizándonos)
Foto de familia:
Quedaremos ás 9:00 en A Coruña no Obelisco para sacar unha gran foto de familia con todas as participantes do Olympo
Regreso:
Os autobuses recollerannos no mesmo sitio onde nos deixen (se hai algún cambio será comunicado) tras a entrega de trofeos. Contamos con que sexa preto do mediodía, polo que o Concello de As Pontes dannos uns bocadillos e unhas auguiñas para recuperar do esforzo.
Enlace de interese:
http://www.carreradelamujer.com/conoce-la-historia-del-atletismo-olympo-de-as-pontes/
carreira_2.jpg
carreira_3.jpg
Nova cortesía de Susana Castro

También podría gustarte
Comentarios