CATALOGACIÓN, CIENCIA FICCIÓN OU REALIDADE VIRTUAL

Despois de ter lido o seguinte documento do ano 2004 ( Dirección de Patrimonio Cultural >> O ordenamento xurídico dos bens culturais na C.A. de Galicia, no PDF páxina 571) podo comprender por qué Patrimonio non recoñece ningún Círculo Lítico na Mourela, porque con este criterio de catalogación, non recoñecería nen o mísmisimo Círculo Polar Ártico.
¿Se non había Círculo Lítico na Mourela, por que se recoñeceu todo isto? ¿Para xustificar o diñeiro que se lle pagou ó funcionario?


Penso que o de Portorroibo, quedou claro que non existe, e que eu lembre, xa non hai capela en Portorroibo, dende hai ben anos, único que desexen unha Misa de Campaña en plena mina. Pero ós cregos chégalles coas que teñen.
O Castro da Uz, penso que é o nome dun Instituto, porque del non deixaron gran cousa. Esta ben que miren polos institutos, agora que o da educación anda como anda.
A ermida actual da Santa do Carballo, non sei, a vindeira semana publico algo da súa historia, pero a actual capela non cumpre nin o tempo de antigüedade nin os requisitos que propón patrimonio, para que o sexa. Eles saberán o que catalogan, pero se van seguir esos criterios pódolles dar ideas: a fonte da Praza do Hospital, o Supermercado Gadis, a fotocopiadora da Esquina…
A ermida da Magdalena e do Carme son a mesma. En “Un, dos, tres” dirían que houbo repetición. Pero ninguén lles prohibe que busquen a Ermida da Magdalena, igual atopan a Ermida das Arañas. Que fagan logo unha intervención e que a limpen.
O Concello de As Pontes, tén un estilazo increíble, non me extrana que se catalogara tamén como Patrimonio. Debe ser por iso que ós traballadores lles gusta tanto que mesmo se van pernoctar a el. O da Coruña xa tiña que ter placa da Unesco.
¿En que se diferencia a Ponte de García Rodríguez da de Trala Ponte? Porque non lle chaman a dos Ferros, coma di todo o mundo, e xa non teñen necesidade de ocupar tantas liñas de recheo.
E por último. O Castelo de García Rodríguez pódeno ir a buscar ó campanario de As Pontes e á Ponte de Isabela II. Algunha de esas pedras pode ser ese castelo. Eu levo anos estudiando cales. ¡Sabios homes conducen a nosa historia! ¿Páganlles por isto?
Gracias a Paisa polo enlace, e a Xabier pola redacción do artigo.

También podría gustarte
Comentarios