[El Progreso] Enumerar cancións, viaxes, actuacións e festivais pode parecer difícil cando hai que botar a vista atrás ao longo de catro décadas. Con todo, conmemorar 40 anos é o suficientemente especial como para recordar e render homenaxe a todo o que pasou nese tempo.
Neste traballo, está inmersa agora a directiva da Coral Endesa As Pontes, que celebrará o seu cuadraxésimo aniversario cun concerto especial e coa publicación dun libro que recolle a historia, os feitos relevantes e as persoas máis importantes desta agrupación pontesa, fundada en 1974 grazas ao empuxe de Afonso da Torre e Javier Núñez.
INTEGRANTES
Unhas 160 persoas pasaron pola coral
A Coral Endesa As Pontes xurdiu como punto de unión de numerosos afeccionados á música coral, ao solfexo e a cantar. De feito, ao longo dos seus 40 anos de historia, pasaron ao redor de 160 persoas por ela. Actualmente, conta con 43 integrantes, de idades moi diversas, desde os 85 anos que ten algún dos fundadores -un grupo bastante numeroso hoxe en día- ata a trintena da benxamina’ do grupo.