Catro xogadoras do Folixa disputaron o Campionato de Europa de Kaiak Polo coa selección española

Catro xogadoras do Folixa de As Pontes disputaron esta fin de semana o 8º Campionato de Europa de Kaiak Polo, celebrado en Essen (Alemaña). Yanaisa formou parte da selección senior que concluiu en 6ª posición, tras vencer a Suecia (6-3 e 5-2), empatar con Alemaña (4-4), e caer derrotadas ante Alemaña (2-5, 0-2 e 4-8), Italia (1-2) e Francia (3-7). Ouro para Gran Bretaña, plata para Holanda e bronce para Francia.


No combinado sub21 participaron Susana Costas, Tamara Conde e Alba Fernández. Concluiron en séptima posición, o xove equipo español so puido gañar un partido ante Holanda (1-0), perdendo con Polonia (4-8), Francia (2-5), Gran Bretaña (0-10), Alemaña (2-8), Holanda (2-4) e Suiza (1-4 e 1-2). A nota positiva, Susana Costas foi a máxima goleadora do equipo con 5 dianas, por unha de Tamara Conde. Ouro para Francia, plata para Gran Bretaña, bronce pra Alemaña.
Na competición masculina Senior España finalizou en 10ª posición, tras gañar a Hungría (11-2), Rusia (5-0), Irlanda (6-2) e Polonia (7-4), empatando con Suiza (2-2) e perdendo contra Suecia (2-3), Holanda (0-1) e Bélxica (2-5). Ouro para Italia, plata para Alemania, bronce para Gran Bretaña.
Na competición sub21 masculina, 7º posto, con victorias ante Lituania (9-2), Portugal (7-1), Suiza (7-4 e 4-3) e Dinamarca (4-1) e derrotas ante Italia (1-2) e Francia (2-4). Ouro para Alemaña, plata para Francia, bronce para Polonia.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios