CD AS PONTES: RESULTADOS FIN DE SEMANA

Nova goleada do As Pontes alevín B, nesta segunda xornada diante do Cariño ó que gañou por un contundente 8-0, con Josiño como protagonista goleador con cinco tantos. Jorge e Andrés, en dúas ocasións, foron os autores dos outros goles do As Pontes, que neste partido aliñou a Lino, Martín, Alejandro, Andrés, Jandro, Jorge, Pedro, Josiño, Diego, Esteban e Adrián Tembrás.
cdaspontes_1.jpg


Non tivo a mesma sorte o alevín A, que nesta segunda xornada caeu derrotado en San Sadurniño por 7-1. Tamén perderon os benxamíns que xogaron os seus partidos no Pobaoado. O benxamín A perdeu diante do Amistade Meirás por 2-4, con goles ponteses de Alejandro e Antón Paz, e o benxamín B, pese a realizar un bo partido, ó final caeu derrotado diante do Racing de Ferrol por 0-3.
cdaspontes_2.jpg
Quen conta os seus enfrontamentos por vitorias é o conxunto infantil, que nesta xornada gañou con claridade en Cariño (0-4), con goles de Enrique, Brais Blanco, Álex Fernández e Nahúm.
Finalmente, en canto a cadetes e xuvenís, os tres equipos caeron derrotados polo mesmo resultado (2-1). O As Pontes cadete perdeu en Meirás, o xuvenil B en San Sadurniño e o que é máis preocupante, o xuvenil da liga nacional perdeu no Poboado diante do colista (1-2), Cultural Areas, de Ponteareas. Os ponteses ocupan agora a derradeira posición con tan só un punto en cinco partidos disputados.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: DUBRA SD – CD AS PONTES (1-2)
FEMININO: CD AS PONTES – VICTORIA CF (0-3)
XUVENIL A: CD AS PONTES – CULTURAL AREAS (1-2)
XUVENIL B: CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES (2-1)
CADETE: MEIRÁS CF – CD AS PONTES (2-1)
INFANTIL: CD CARIÑO – CD AS PONTES (0-4)
ALEVIN A: CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES (7-1)
ALEVIN B: CD AS PONTES – CD CARIÑO (8-0)
BENXAMIN A: CD AS PONTES – AMISTADE MEIRÁS (2-4)
BENXAMIN B: CD AS PONTES – RACING DE FERROL (0-3)
Nova cortesía de A.F.
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg
cdaspontes.jpg

También podría gustarte
Comentarios