CD AS PONTES, RESULTADOS DA FIN DE SEMANA 27-29 DE SETEMBRO

Gran empate do equipo masculino en Abegondo ante o Fabril, 1-1. Adiantáronse os coruñeses, pero no segundo tempo empatou o gladiador Jorge“Nano”. Lideran a clasificación Cerceda e Arousa con 14 puntos, Ordes con 13, e con 12 quedan Boiro e As Pontes, por 11 dun Deportivo B no que os dous mellores xogadores no día de hoxe, segundo os medios, foron Enrique e Cañizares, e 10 do Pontevedra. A semana que vén visita o Poboado o Barbadás, que a pesar da súa undécima posición, ten un dos mellores equipos.
CD AS PONTES – SDC A CAPELA (2-2)
Empatou o segundo equipo pontés no seu debut ligueiro nun derbi de rivalidade ante A Capela (2-2). A pesar de que se adiantaron os ponteses na primeira metade con ambos tantos do ex xogador da selección galega sub15 Adrián Vilasuso, un deles de penalti, no segundo tempo empataron os da Capela. Tívoa no 57´ Adrián, pero foi Rafa o que marcou no 58´, tras desmarcarse nunha xogada de estratexia e anotar nun tiro no que Iván a piques estivo de parar en dous tempos. Salvou Parapar dúas boas ocasións de Alex (63´) e Telmo (80´), que quedaron sós. No 84´ Vilasuso non atina ante a saída do porteiro e un minuto máis tarde dispara forte Samu a bocaxarro e non acerta a empalar ó fondo das mallas Vilasuso en boca de gol. Apenas dous minutos máis tarde Alex G empata tras un rigoroso penalti que a piques estivo de atallar Iván, e aínda que a tivo Palas no desconto, reparto de puntos para ambos equipos.
segunda


Xogaron polo As Pontes Iván, Vicente, Nando, Carlos, Palas, Totti, Javi, Marcos Novo (Criado 65´), Adrián (Juan 67´), Vilasuso, Samu. Polos visitantes, Quique, Santi, Maly, Rafa (Carlos 81´), Rubén, Diego (Alex G 45´), Iván, Alex Antón, Telmo, Raúl (Isma Capela 66´), Fermín (Mauro 45´). Arbitrou o colexiado López Gómez de Ferrol, que amoestou a Totti, Vilasuso, Iván Rodríguez, Rubén, Iván e Alex G. A vindeira semana visita ó Narahío.
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
O equipo feminino perdeu por 3-1 no campo do Mandiá e a semana que vén descansa. O As Pontes ocupa a novena posición
O xuvenil caeu derrotado en Santiago ante o Conxo (4-1), tanto de Brais, o que o sitúa en moi mala posición, cuarto pola cola con apenas un punto en tres xornadas. Necesita gañar o sábado no Campo do Poboado ante o Negreira, equipo que vai undécimo con 4 puntos,.
Triste derrota dos cadetes que perderon 1-2 ante o Eume Deportivo, tanto de Sergio, tras empezar gañando, e incluso gozar de boas ocasións ó final, o que os deixa practicamente sen opcións de clasificarse para a final de copa. Visita ó Racing de Ferrol B a vindeira semana.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Gran triunfo do Infantil, 0-11 ante o Amistade de Meirás (Sergio Otero 4, Alberte 2, Antón 2, Alex Barro 2 e Chema), tres triunfos consecutivos, co que mantén una bonita pelexa con Racing de Ferrol B, Portuarios, O Val e San Pedro por ser o equipo que se clasifique para a final. Precisamente un dos gallitos, o Portuarios, visita o Poboado a próxima semana.
O Alevín A gañou 7-2 ó Cebarca (hat trick de Joan e un de Xan, Nono, Vicente e Antonio). Sitúase terceiro con dous triunfos, visitando a semana que vén ó Animas. Non correu a mesma sorte o Alevín B que perdeu 12-1 diante do Eume e agarda conseguir o seu primeiro punto no Poboaodo ante o Perlío.
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
Vitoria, a primeira, do Benxamín A por 3-4 ante o R. Ferrol D, e a próxima semana reciben ó colider Narón BP B. O Benxamín B debutou na liga gañando 7-1 ó Portuarios B (Alex 2, Iago, Martín, Diego, Isma e Eloy) e a vindeira semana visitan ó R. Ferrol.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
Na categoría Prebenxamín viviuse o derbi entre os dous equipos ponteses, no que o A goleou ó B por un excesivo 0-15. Tras dúas xornadas o A marcha primeiro e o B ocupa a derradeira posición. O A recibirá ó R. Ferrol, segundo clasificado, mentres que o B visitará ó R. Ferrol C, antepenúltimo.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios