CHEGADA PONTESA NO RAID GALLAECIA 2017

Ao mediodía chegaban de oitavos clasificados o Tracktherace.com Team

Unha vez que este xoves á tarde chegaran os primeiros clasificados, os dous equipos franceses, nesta madrugaba faciano os terceiros do podio, o equipo estonio do Estonian Ace Adventure.

Despois, ó longo do día chegaban os checos do BlackHILL/OpavaNET, cuartos, o primeiro equipo español, o VK Bikes, quinto, os noruegos do USWE Adventure Team, sextos, e o equipo sudafricano Cyanosis Adventure Racing, que o facía na sétima praza.

O equipo Tracktherace.com Team, co acento pontés de David Castro Campello e Felipe Peña, acompañados pola portuguesa Mariana Pontes, e Lucas Freire, chegaban na oitava posición sobre as 15:30 da tarde.

Na chegada recibiaos a choiva, os familiares e varios concelleiros, que non quixeron perderse este momento.

Só quedan tres equipos en competición xa que dous non tomaron a saída e dezaseis foron quedando no camiño. De feito, dos cinco equipos que competían por parellas, ningún conseguiu completar o percorrido. Maña sábado será a cerimonia.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios