Chucky, por Xose Cendán

Ós 30 anos, o pontés Pablo enriquez, Chucky, está a recoller os reditos que o rugby lle debía logo dunha vida adicada a este deporte.
A pasada semana convertíase no xogador que decidíu primeira liga superibérica, primeira competición profesional que se disputa deste deporte en España. Chucky marcaba no último minuto do partido, o ensaio que lles deu a victoria nesta primeira edición da Superibérica, ós Gatos, a franquicia que representaba ó rugby madrileño.

foto-chucky-I.jpg


“É unha anécdota que me tocara a min marcalo porque o puido facer calquera outro compañeiro, pero foi un xusto premio ó traballo que fixemos como equipo, e tamén de xeito individual viña premiar os sacrifícios que houbo que asumir para chegar a esta final e impoñerse ás boas escadras que se xuntaron. Ademais tal como foi, no último minuto e diante da nosa afección, era todo o que podía pedir”.
Antes de chegar ata aquí, o xogador actualmente no Alcobendas Mercedes Benz de Madrid, foi un trotamundos do deporte oval, anque os seus primeiros pasos foron na casa, formándose no Fendetestas, onde estivo nas categorías de base, ata chegar aínda xuvenil, á primeira plantiña.
“Empecei con 12 anos, e moi novo xoguei xa cos cadetes, nun equipo no que disfrutei moito cun grupo que medramos xuntos.
Logo chegaron anos máis duros de xogar contra xente moi curtida, pero todo iso axudoume a formarme como o xogador que son, e logo a experiencia e o ritmo de competición xa mo deu pasar por equipos de categorías superiores.
O meu primeiro equipo deume unha oportunidade que poucos tiñan daquela,que foi a de competir xa moi novo. Daquela cheguei a tódalas categorías da selección galega, e puiden enfrontarme ós mellores “

E é que Pablo reclaou logo no CRAT de A Coruña, no Ovieu, no Salamanca, volveu á Coruña, en división de honra B, e logo en Vigo. Agora ven de cumprir a súa primeira tempada en Madrid, no Alcobendas, no que, no seu primeiro ano, quedou a un paso do ascenso á división de honra.
A máxima categoría tena agora xa ás portas: “Tiña ofertas para xogar na división de honra, e especialmente importante é a do campión de liga , o CRC, pero mantívenme un pouco á espera de ver que me podíaofrecer definitivamente o meu actual equipo.
Estou nun intre, a piques de ser pai, no que o máis importante non é o que me vaian pagar, senón buscar as mellores condicións, porque neste deporte tés que compaxinalo con outro traballo. De momento sei que quero quedar en Madrid, porque aquí teño o meu traballo, e tomarei a decisión do clube axiña, porque non quero atoparme logo con plantiñas pechadas. Hoxe mesmo amiña apsota sería renovar no Alcobendas, se se confirma que teremos un proxecto para ascender, e nisto pesa moito que neste clube apórtanseme cousas máis importantes mesmo que os aspectos económico ou deportivo”.

O interese dos mellores equipos por Chucky non é alleo ó seu espectacular papel na Liga Superibérica, unha compatición que este ano puxo en marcha Canal +, polo sistema de franquías, e na que compartíu equipo coa base da selección española, rendindo a un grande nivel, non en van foi o xogador que máis minutos acumulou, e máis ensaios acadou do equipo campión.
Ademais a presenza na selección non lle é nova: “Este ano saíume todo a pedir de boca, e o colofón foi a participación coa selección española no circuito europeo de sevens.
Estiven xogando nun estadio mítico, coma Murrayfield, e contra algúns dos mellores xogadores do mundo. Foi unha experencia espectacular, anque xa tivera hai uns anos de estar na selección de XV, se ben entón non puiden entrar no equipo final”.

Pablo Enriquez pode non ter claro cal vai ser o seu futuro inmediato, condicionado polo lugar en que traballa, e polo mantemento do status deportivo que tanto lle custou adquirir, pero onde non ten ningunha dúbida é no destino final desta carreira deportiva:
” O de vivir en Madrid é algo obrigado por que aquí teño praza no meu traballo, pero nun ou dous anos volverei a Galicia, e será volver á casa, polo que o meu obxectivo é volver xogar na casa.
Aínda me queda unha débeda cando me retire da alta competición, e é que antes de retirarme quero volver vestir a camiseta verde. En As Pontes crieime de neno, e crieime deporivamente. Alí aínda teño moitos amigos e volverei algún día. ”

Para daquela xa poderá compartir xogos nos campos galegos con Antía, que a fins deste mes virá ó mundo.
Ese si foi, sen dúbida, o seu mellor ensaio, e do que máis fachenda ten.

foto-chucky-II.jpg

aspontes.jpg

aspontes2.jpg

También podría gustarte
Comentarios