Cinco xogadoras do equipo pontés do Lago Sport de fútbol sala foron convocadas pola Selección Galega para uns adestramentos a levar a cabo durante esta semana.
A goleadora Azuleima Ruiz Escobar adestrará coa Selección Galega Cadete Sub16 este xoves ás 19:15 en Curtis.
A porteira Daniela Feal Prieto, e as xogadoras Adair Legaspi Bellas e Laura García Marcial tamén entrenarán co combinado galego Infantil Sub14 este xoves ás 17:30 en Curtis.
Por último este mércores ás 16:45, en Arzúa, adestrou Lucía Fabiola García López coa Selección Galega Alevín Sub12, filla do mítico Susín, sobriña do non menos mítico Pepe.
Nova cortesía Diego Paz “Vinicius” e XF