Amigus
As Pontes

CINCO XOGADORAS DO LAGO SPORT CONVOCADAS COA SELECCIÓN GALEGA.

Trátase de Fabiola, Azuleima, Daniela, Adair e Laurita.

Cinco xogadoras do equipo pontés do Lago Sport de fútbol sala foron convocadas pola Selección Galega para uns adestramentos a levar a cabo durante esta semana.

A goleadora Azuleima Ruiz Escobar adestrará coa Selección Galega Cadete Sub16 este xoves ás 19:15 en Curtis.

A porteira Daniela Feal Prieto, e as xogadoras Adair Legaspi Bellas e Laura García Marcial tamén entrenarán co combinado galego Infantil Sub14 este xoves ás 17:30 en Curtis.

Por último este mércores ás 16:45, en Arzúa, adestrou Lucía Fabiola García López coa Selección Galega Alevín Sub12, filla do mítico Susín, sobriña do non menos mítico Pepe.

Nova cortesía Diego Paz “Vinicius” e XF

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.