Cinco compoñentes do Sílex no VII Trofeo Arco Barco
Na tarde do sábado 20 de outubro celebrase na localidade do Barco de Valdeorras o VII Trofeo Arco Barco en sala no que se darán cita 95 arqueiras e arqueiros de ata cinco provincias españolas amáis de as catro galegas. Comezará a competición ás 16 horas e tras 2 rondas de 30 flechas a 18 metros desputaranse semifináis nas categorías que teñan máis de 5 participantes.
O Clube Sílex estará representado neste torneo por Cristina Castro, de categoría infantil, tirando na categoría arco recurvo cadete mulleres que é a menor das convocadas. Tamén en arco recurvo cadete, pero homes, o seu irmán Daniel Castro terá a outros tres arqueiros galegos pelexando polo primeiro posto.
Xa en categoría sénior fará a súa aparición nesta tempada e cambiando de modalidade Xaquín Mira, que agora compite en arco composto sénior homes. Por último dous arqueiros participarán en arco recurvo sénior homes, é o caso de Carlos Romero e Miguel Alvariño. Este último, xuvenil de primeiro ano, xa gañou no Trofeo San Froilán o 30 de setembro e ben de acadar o quinto posto no clasificatorio do equipo nacional, busca neste trofeo non perder o ritmo de competición xa que a seguinte fin de semana volverá a Madrid a desputar o segundo clasificatorio nacional.
Nova cortesía do Clube Sílex