Cinco futbolistas do CD As Pontes xogaron este venres coa selección comarcal de Ferrol

O primeiro encontro dunha tarde noite moi moi fría, enfrontou á selección comarcal alevín sub12 de fútbol 7 co equipo infantil do Cariño, con un sensacional resultado a prol dos de FerrolTerra que gañaron por 7 goles a 2, tendo en conta que os visitantes eran dous anos maiores. Enrique Fornos fixo un partidazo no cenrpo da zaga, e incluso marcou o terceiro gol, tras saír co balón controlado desde a defensa, regatear a todos os rivais que se lle cruzaron e acabar cruzando o balón ante a saída do porteiro. Foi sustituido a 5 minutos do final.
O segundo partido enfrontou a Ferrol sub15 co equipo xuvenil do Cariño, e venceron os locais por 2 goles a 1, resultado bastante aceptable para a selección comarcal tendo en conta que a maioría dos xogadores do Cariño eran sub19. O pontés Alex Cabarcos xogou de medio centro todo o encontro.
O último encontro da tarde enfrontou ó Cariño Modestos coa selección de Ferrol sub17, con gran vitoria dos de FerrolTerra por 4 goles a 3. Os futbolistas do CD As Pontes Borja Abeás, Chus Cañizares e Kiko González xogaron todo o partido.


DSCN1410.jpg
DSCN1412.jpg
DSCN1414.jpg
DSCN1419.jpg
DSCN1422.jpg
DSCN1426.jpg
DSCN1432.jpg
DSCN1433.jpg
DSCN1438.jpg
DSCN1445.jpg
DSCN1446.jpg
DSCN1447.jpg
DSCN1452.jpg
DSCN1454.jpg
DSCN1456.jpg
DSCN1457.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios