CINCO PONTESES NAS SELECCIÓNS

O futbolista pontés Enrique Fornos ven de ser convocado para un novo partido de adestramento da selección galega sub18 e que curiosamente os enfrontará nin máis nin menos que ó Racing de Ferrol de Segunda División B, onde está o pontés Diego Dopico.
xogadores.jpg


O encontro de preparación xogarase este mércores 4 ás 17:00 no Campo de A Malata.
Van dezanove xogadores, dos que en principio o seleccionador deberá descartar a un con vistas á primeira fase do Campionato de España. A convocatoria completa é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Fede Varela, Iván Villar
RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Óscar García, Miguel Real, Enrique Fornos
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Jose Filgueira, Iago Martínez, Ricardo Baz
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
CD Areosa: Andrés Pérez, Raúl Espinosa
Pabellón Ourense: Martín Torres, Saúl González
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
Pola súa parte Raquel ven de ser convocada para un novo adestramento da selección galega cadete sub16, que coma ven sendo habitual se celebrará no campo Agro Novo de Milladoiro.
Será este luns día 9 ás 19:00. Despois de varias cribas a convocatoria redúcese a 21 xogadoras das que se seleccionarán as 18 definitivas. Son as seguintes:
Atlético Arousana: Carla Falcón, Sara Pazos, Ariane Martínez, Carmen Sumay
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso
Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta
SD Compostela: Ana Domínguez
SD O Val: María Ameneiro
CCD Cerceda: Ainhoa Danis
ADC Monteforte: Laura Correa
SCD Milagrosa: Ana López
Tordoia SD: Leticia Santos
Milladoiro SD: Nuria Rábano
Bértola FF: Fátima Area
SD Ponteareas: Yaiza Cameselle
Tomiño FF: Judith García
CD Bueu: María Calvar
EDA Arzúa: Elena Ramos
CD As Pontes: Raquel Béjar
Por outra banda, os seleccionadores comarcais veñen de facer públicas as convocatorias para os catro enfrontamentos contra Santiago e tres son os ponteses convocados para os partidos que se levarán a cabo este venres festivo 6 de Decembro.
No combinado sub14 vai Sergio Otero. Él e máis outros 17 rapaces deberán persoarse ás 09:00 horas no Campo do Caranza. Os convocados son:
Racing de Ferrol: Javier Sanmartín, Antón Quindimil, Alberto Rodríguez, Cristopher García
Galicia de Caranza: Kevin Bellas, Javier Varela, Carlos Díaz
Ortigueira: Andrés Barcón, Luis Pereira
Portuarios: Pablo Couselo
Ánimas: Jesús Ameneiro
O Val: Adrián Fernández
Cedeira: Miguel Ponce
Racing San Pedro: Manuel Penedo
Numancia de Ares: Antón López
Miño: Martín Lago
Cultural Maniños: Andrés Pena
As Pontes: Sergio Otero
No mesmo combinado sub14, pero feminino, acuden Malena e Paula. Deberán persoarse tamén en Caranza, pero ás 11:00. As 18 convocadas son as seguintes:
Cedeira: Marta García, Ariadna Lorenzo, Alicia Rey, Karla López, Ana López
Racing de Ferrol: Andrea Bellón, Carmela Barro
Galicia de Caranza: Noelia Otero, Lorena Balseiro
O Val: María Ameneiros, María Corral
Mandiá: Alba Permuy, Inés Díaz
Cariño: Andrea Novo, Elisa Piñón
As Pontes: Malena Mieres, Paula Castro
Galicia de Mugardos: Alba Pérez
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios