DHOGS
Dirección e guión: Andrés Goteira
Música: Germán Díaz
Fotografía: Lucía C. Pan
Reparto: Melania Cruz, Miguel de Lira, Antonio Durán ‘Morris’, Carlos Blanco, Iván Marcos, Roi Gantes, María Costas, Xosé López, Alejandro Carro
Género: Thriller
Sinopse: Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alud de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.
NRM18 · 85 min.
Esta película galega, será en versión orixinal (galego), con motivo da celebración do día das Letras Galegas
SESIÓNS:
sábado 19 de maio: 19:00 e 20:00 h
domingo 20 de maio: 19:00h. Nesta sesión contaremo co director, Andrés Goteira e productor Suso López que farán a presentarán da súa película.
EL PRÍNCIPE ENCANTADOR
Dirección: Ross Venokur
Guión: Ross Venokur
Música: Tom Howe
Género: Animación. Comedia.
Sinopse: Philippe é un novo príncipe cun atractivo irresistible que conquista a todas as mulleres ao seu paso, deixando un rastro de amores despechados con malas consecuencias para o reino. Así que o seu pai, un rei moi enfadado coa actitude do seu fillo, dálle ao novo príncipe un ultimátum: ou atopa ao seu amor verdadeiro antes de cumprir 21 anos, ou perderá o seu dereito ao trono.
TP · 85 min.
SESIÓNS: sábado 19 e domingo 20 de maio: 17:00h
Nova cortesía do Departamento de Cultura/OMIX – Concello das Pontes