CIRCULO LÍTICO: CONTRASTE NOS MEDIOS DE INFORMACIÓN
A Plataforma, despois de contrastar a informacion na prensa de hoxe, considera que o medio que expuxo con máis rigor a noticia sobre o encontro de onte co director xeral de Patrimonio, foi a Opinión da Coruña; neste medio exprésase claramente que a Plataforma defende o lugar do círculo lítico para ser excavado sen presión nen presa e adecuadamente, así como contrastar a investigación do LIA por un segundo organismo arqueolóxico competente e axeno a LIA e ao Concello, e dependendo da valoración do achádego, obrar en consecuencia. Finalemnte, despois das consideracións oportunas, no caso de ter que derruir o lugar, porque así se valore por esta xente especialiazada, a Plataforma esixe 3 cousas básicas: un monumento e señalización na autovía para ter conciencia por onde se está a pasar co coche, a reconstrucción dos círculos liticos nun lugar público das pontes, e a creacción do Centro de Investigación e Interpretación Arqueolóxica do Patrimonio das Pontes, por certo, moi rico e abundante, a pesar de ser maltratado e arrasado continuamente.