Club de Montaña O Caxado
O Domingo desprazámonos a Parga para facer a Ruta da Auga e máis unha pequena variante señalizada fai moi pouco que lle chaman a ruta da Auga e da Pedra. Saimos 15 compañeiros do Bar calvo para chegar á Capela do San Alberto, cerca de Baamonde, donde comezamos a camiñar aproximadamente as 9:15.
A primeira parada foi na Fonte de Valdobín de augas sulfurosas, alguns aproveitamos para beber uns grolos, outros limitaronse a probalas e os máis engurraronlles o fuciño. Dende ali chamamos a Olga, tecnico de turismo do Concello de Guitiriz que moi amablemente prestouse a abrir e amosarnos o muiño da Carballeira de Parga, que está totalmente restaurado, aínda que non poidemos velo funcionar debido as enchentes dos ultimos dias. Seguimos camiño sempre a beira do rio, primeiro do Parga e logo do Ladroil, pasamos a beira do balneario de Guitiriz e foi ali cando xurdiu a anecdota da xornada.
Recibimos a chamada dos compañeiros do Club de Montaña de Ribadeo que estaban recorrendo a ruta das fragas da Ribeira e do Lostegal, e que atoparan unha ave rapaz ferida, preguntandonos que podian facer, facilitamoslles o telefono da Policia Local pero o cabo soupemos que non conseguiran salvala. Seguimos cara a area recreativa dos Sete Muiños e nese tramo poidemos contemplar un picapeixe que ia diante de nos voando de pola en pola. Na area recreativa deixamos a ruta principal e subimos rio arriba pola variante recien señalizada.Esta é a parte mais espectacular do rio cunha serie de muiños que por desgracia están en ruinas a maior parte, máis arriba vemos os restos dunha moa hidraulica, a Moa de Carballiños. Despois de tres kms e pouco voltamos de novo a ruta principal e seguimos cara á Pardiñas donde nos agarda o microbus para levarnos de volta ó San Alberto don de tiñamos os coches. Chegamos a pardiñas as duas emedia despois de 23 km de andaina depois de refrescar no bar Rúa, volta a casa.
Nova cortesía de Chucho