Club de Montaña o Caxado: O Teito da Península

Saida o sábado día tres de Decembro, de once socios do club coa idea de ascender o Mulhacén (3478 mts.), o cumio maís alto da península ibérica, na provincia de Granada e pertencente ao macizo de Sierra Nevada.

Saímos o sábado día tres de Decembro, once socios do club coa idea de ascender o Mulhacén (3478 mts.), o cumio maís alto da península ibérica, na provincia de Granada e pertencente ao macizo de Sierra Nevada.

Na primeira xornada desprazámonos ata a poboación de Juviles, situada nas faldas de Serra Nevada para pasar a noite, no albergue de “El mirador de El Fuerte). A nosa primeira idea era sair da localidade de Trevelez, preto de Juviles e dende onde tíñamos pensado ascender ata o refuxio de Poqueira, pero debido as condicións do camino, e por consello dos gardas do refuxio subimos dende a central hidroeléctrica de La Cebadilla a 1465 mts. e ascender ata o refuxio de Poqueira (2457 mts.), nesta xornada faremos un desnivel de 1121 mts. nunha distancia de sete kilómetros.

O seguinte día a primeira hora, despois de almorzar e consultar a predicción metereolóxica, a cal se presenta algo adversa, decidimos acometer a ascensión ao Mulhacen pola ruta do Mulhacen 2 ou falso Mulhacen xa que a que tíñamos pensado polo rio Poqueira atópase con moitísima neve e aconséllanos pola primeira ruta. As 14:00 horas atopámonos no teito da península, o Mulhacen (3478 mts.).

O sexto día baixamos do refuxio para dirixirnos facendo un pouco de turismo e achegándonos ata Nerja para visitar o balcón de Europa, un mirador ao Mediterraneo.

Despois desta parada continuamos o camiño para chegar o novo destino en Ardales (Málaga) e lugar dende o que imos sair a facer o “Caminito del rey), un camino que inaugurou o rei Alfonso XII no ano 1921 e que foi restaurado pola diputación de Malaga cún custo de 2.234.000€.

Este camiño ten un percorrido de 7,7 km dos cales 4,8 km. son de accesos e 2,9 km de pasarelas.

Máis información en: http://www.clubmontañacaxado.es

También podría gustarte
Comentarios