CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 10-11 / DECEMBRO /2016

O As Pontes, cada vez máis afundido na cola da clasificación, visita este domingo a un difícil rival, o Deportivo B (antigo Fabril)

Tras a súa derrota este xoves no campo do Poboado diante do Barbadás (0-1), o As Pontes ten un futuro moi negro. Quédanlle de aquí ó final da liga 21 finais, nas que debe dar o douscentos por cento para tentar saír do pozo do descenso. Tan só acadou 10 puntos nas dezasete xornadas que se levan disputadas.

O brillante palmarés deste histórico Club está a esmorecer esta tempada por unha mala xestión, que o levaron, entre outras cousas, a confeccionar máis tarde cos demais un plantel, que, por outra banda, dáo todo en cada partido, pero as cousas non lle están saíndo nada ben. Iso tradúcese en só 10 puntos e a 19ª posición que o leva ó descenso de categoría. Terán que cambiar, e moito, as cousas para que o equipo e os propios afeccionados (cada vez menos no Poboado) volvan a sorrir e ver un futuro moito máis prometedor.

Como dato na historia dos dous clubs, sinalar que en campo coruñés, Deportivo B (ou Fabril Deportivo) e As Pontes lévanse enfrontado en 23 ocasións, con 14 vitorias para os coruñeses, tres para o cadro das Pontes e déronse como resultado final o empate en seis. A tempada pasada clara vitoria do Deportivo B por 3-0

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (18ª xornada)
R.C. DEPORTIVO B – C.D. AS PONTES
CAMPO O MUNDO DO FÚTBOL (Abegondo)
DOMINGO 11 DE DECEMBRO DE 2016 (12,00 h)
ÁRBITRO: JESÚS LÓPEZ FERNÁNDEZ (Lugo)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES – EF ENSANCHE (Ferrol)
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 10 de Decembro de 2016 (16,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
AD MIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal (Miño)
Venres 9 de Decembro de 2016 (18,45 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES (comeza a 2ª fase o sábado 17)
CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
Comezan a 2ª Fase o sábado 17 de decembro

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 10 de Decembro de 2016 (11,00 h)
CD AS PONTES B (comeza a 2ª fase o sábado 17)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES (comeza a 2ª fase o sábado 17)
CD AS PONTES B – UD CEBARCA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 10 de Decembro de 2016 (12,10 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios