O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo viaxa este sábado a A Coruña para enfrontarse ó Ventorrillo en partido da Segunda División B

O Esteo viaxa este sábado a A Coruña para enfrontarse ó Ventorrillo en partido da Segunda División B

O conxunto pontés veu truncada a súa racha de seis xornadas sen perder con dous empates e catro vitorias seguidas, na anterior xornada no pavillón da Fraga, onde caeu por 3-6 diante do Xove, logo dunha mala segunda parte e tras ir gañando por 2-0.

Ó Esteo dáselle ben o pavillón de Ventorrillo, onde gañou en cinco ocasións e empatou a pasada tempada. Si ben é certo, que, pola súa banda, para o cadro coruñés, tamén é cancha propicia A Fraga, onde perdeu só unha vez, empatou dúas e gañou tres partidos, a derradeira por 2-5 e a máis dolorosa para os ponteses, a da tempada 2014/15, na o cadro coruñés era colista cun só punto e endosoulle na derradeira xornada ó Esteo un contundente 5-10, a segunda derrota máis avultada da súa historia.

SEGUNDA DIVISIÓN B (11ª Xornada)
VENTORRILLO F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 10 – Decembro – 2016 (17,00 h)
Pavillón Municipal de Ventorrillo (A Coruña)

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (9ª)
SAMOS F.S. – O ESTEO F.S. “B”
SÁBADO 10-DECEMBRO-2016 (18:00)
PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAMOS

LIGA DA TERRA CHA (2ª xornada)

SÁBADO 10-DECEMBRO, PAVILLÓN MUNICIPAL DAS PONTES

INFANTIL (10:00): O ESTEO FS – GUITIRIZ FS
BENXAMIN (11:00): O ESTEO FS – GUITIRIZ FS
PREBENXAMIN (11:50): O ESTEO FS – GUITIRIZ FS
ALEVÍN (12:40): O ESTEO FS – GUITIRIZ FS

LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES (8ª xornada)

HUSSE BARBARROJA – O ESTEO F.S. “B”
DOMINGO 11-DECEMBRO-2016 (17:00)
PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios