CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 14-15-16 / OUTUBRO /2016

Un As Pontes, que non acaba de arrancar na 3ª División, recibe este domingo ó Centro de Deportes Barco.

Un As Pontes, que non acaba de arrancar na 3ª División, recibe este domingo ó Centro de Deportes Barco.

Despois do oito xornadas disputadas, mal pintan as cousas no CD As Pontes, que aínda non coñece a vitoria no que vai de campionato e suma tan só tres puntos. É penúltimo por riba do Ordes, que aínda non puntuou, a catro puntos do descenso directo de categoría e a oito do Barco, equipo que a pasada xornada goleou no seu campo de Calabagueiros ó Castro por 7-1.

Que dicir ten que a estas alturas da competición, con case un cuarto de liga disputado, o conxunto pontés necesita con urxencia os tres puntos en xogo. Calquera outro resultado sería un novo paso atrás e converteríano nun seguro candidato ó descenso de categoría.

Polo tanto, partido importante e decisivo para un renovado CD As Pontes, que está a ter un mal comezo de liga, aínda que semella que pode ir a máis. Pero a reacción ten que chegar xa, se non haberá moitos problemas ata o final de liga.

Sexto partido oficial no Poboado entre os dous equipos, todos na Terceira División, con tres vitorias anteriores do As Pontes, dous empates a un gol e ningunha vitoria dos valdeorreses. Once goles a prol dos ponteses por catro do Barco.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (9ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.D. BARCO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 16 DE OUTUBRO DE 2016 (17,00 h)
ÁRBITRO: Fco. XABIER RODRÍGUEZ CAMPOS (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – SD O VAL B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 16 DE UTUBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD NARÓN B – CD AS PONTES
CAMPO DO CADAVAL (Narón)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2016 (18,30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – RACING SAN PEDRO CF
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2016 (10,00 h)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES B
CAMPO DA PISCINA (San Sadurniño)
VENRES 14 DE OUTUBRO DE 2016 (19,00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO NEDA B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 14 DE OUTUBRO DE 2016 (17,45 h)
SDCR O FREIXO – CD AS PONTES B
CAMPO DE RÍO SECO (Narón)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2016 (10,30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
UD CEBARCA – CD AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL (A Barqueira)
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2016 (12,30 h)
CD AS PONTES B – EUME DEPORTIVO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 14 DE OUTUBRO DE 2016 (18,50 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios