CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 16-17-18 / SETEMBRO / 2016

Partido moi importante este domingo do As Pontes ante un rival directo, a SD Dubra, que se estrea na categoría.

Partido moi importante este domingo do As Pontes ante un rival directo, a SD Dubra, que se estrea na categoría.

Despois da súa eliminación da Copa Federación, o As Pontes debe centrarse agora na liga, categoría na que terá que loitar moito para manterse, logo da renovación total do seu plantel.

Precisamente, este domingo o As Pontes ten unha boa ocasión para saír da zona baixa da clasificación gañando a un equipo que participa por primeira vez en categoría nacional e que, como os ponteses, aínda non gañou no que vai de liga. Suma dous puntos, grazas os empates acadados na casa ante Céltiga e Castro.

Os dous equipos non se enfrontan no Poboado dende a tempada 2009/10 (en Preferente) partido que gañara o As Pontes por 2-0, o mesmo resultado que se deu na anterior e na 1978/79 (1ª Rexional), mentres que na 2007/08 venceu claramente polo resultado de 5-1. Catro vitorias dos ponteses, once goles a favor e só un en contra.

O As Pontes ocupa a penúltima posición cun só punto, un gol marcado e cinco encaixados. Si ben hai que dicir que o cadro pontés está a ser moi prexudicado nas arbitraxes neste inicio de tempada. Precisamente, na anterior xornada contra o Racing Vilalbés foi inxustamente expulsado o dianteiro Cristian ó recibir a segunda tarxeta amarela. O Comité de Competición aceptou as alegacións do Club, polo que o xogador coruñés poderá xogar este domingo contra o equipo de Bembibre. Tamén, é moi posible que participe a última fichaxe do As Pontes, o dianteiro senegalés, Ibrahima Ndiaye, que xa actuou este mércores contra o Cerceda na copa Federación, deixando boas sensacións entre os afeccionados.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (5ª xornada)
C.D. AS PONTES – S.D. DUBRA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 18 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)
ÁRBITRO: ALBERTO GÓMEZ LAMEIRO (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES
CAMPO DA PEDREIRA (Mugardos)
SÁBADO 17 DE SETEMBRO DE 2016 (19,30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
CAMPO DE PRADOS VELLOS (Ares)
SÁBADO 17 DE SETEMBRO DE 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 16 DE SETEMBRO DE 2016 (18,00 h)

CATEGORÍA INFANTIL (Amigable en Vilalba)
RC VILALBÉS – CD AS PONTES
CAMPO DA MAGDALENA (Vilalba)
SÁBADO 17 DE SETEMBRO DE 2016 (12,15 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios