Choco e As Pontes dirimen un transcendental partido en Redondela este domingo a partir das cinco da tarde
Esta tempada os dous equipos están a realizar unha campaña mediocre, xa que os dous conxuntos están nos postos 18º e 19º da clasificación, empatados a nove puntos. O Choco logrou nas últimas cinco xornadas só un punto e o As Pontes, pola súa banda, acadou seis puntos dos quince posibles.
Nin que dicir ten, que os dous necesitan os tres puntos en xogo para saír do pozo da clasificación e achegarse ós postos de salvación.
O conxunto redondelán é un histórico do fútbol galego. Fundouse en 1953 e coa presente xogou dez tempadas na 3ª División. As dúas anteriores disputou a fase de ascenso á 2ª División B, o que contrasta coa situación actual.
En Santa Mariña os dous equipos enfrontáronse en once partidos oficiais, a maioría nos anos sesenta e setenta do pasado século, na Serie A Rexional (actual Preferente), con nove vitorias para os redondeláns (as dúas últimas tempadas por goleada) e unha dos ponteses. O único empate (1-1) foi na tempada 1969/70, na Serie A Rexional. No Poboado, o As Pontes suma oito vitorias por dúas do Choco e tamén un empate (1973/74).
TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (14ª xornada)
C.D. CHOCO – C.D. AS PONTES
CAMPO DE SANTA MARIÑA (Redondela)
DOMINGO 20 DE NOVEMBRO DE 2016 (17,00 h)
ÁRBITRO: LUIS LOIS CARRO (Pontevedra)
LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Pontedeume)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (18,30 h)
1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
GALICIA CARANZA B – CD AS PONTES
Campo de Caranza (Ferrol)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (12,00 h)
1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SCDR O FREIXO NARÓN
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (11,30 h)
1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD CAÑOLES – CD AS PONTES
Campo de Esteiro (O Barqueiro)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (12,00 h)
CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – CD NARÓN
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (12,40 h)
CD NARÓN B – CD AS PONTES B
Campo do Cadaval (Narón)
Venres 18 de Novembro de 2016 (18,20 h)
CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (10,30 h)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES B
Campo de San Claudio (Ortigueira)
Venres 18 de Novembro de 2016 (19,00 h)
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
AD MIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal (Miño)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (11,00 h)
CD AS PONTES B – GALICIA CARANZA B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 19 de Novembro de 2016 (11,35 h)
Nova cortesía de A.F.