Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 21-22-23 / ABRIL / 2017

O As Pontes pretende despedirse da categoría con bo xogo e sumando puntos e pode inicialo este domingo ante o Negreira

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Quedan catro xornadas para o final e o As Pontes leva varias xa descendido á Preferente galega despois de sete tempadas seguidas na 3ª División. Un histórico do fútbol galego, que chegou a participar nove tempadas na Segunda B, ademais doutras 12 máis na 3ª División, 19 en total, ser campión da Copa de Galicia de 1968 e varios títulos de liga, con eliminatorias de copa de España contra o Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, etc.

Pola súa banda, o Negreira situado na zona media da clasificación, aínda non asegurou a permanencia. Supera en sete puntos ó Alondras e Ribadumia, equipos que poden descender polos arrastres de Segunda B. Un xa é seguro, o Somozas, e o outro pode ser o Boiro, que está a catro puntos da salvación e quedan doce por xogar.

É a novena visita do conxunto nicrariense ó campo do Poboado, onde só gañou unha vez (2-3, 2010/11) empatando a un gol na seguinte. As demais foron triunfos ponteses, tres nas últimas tempadas. Na presente campaña rexistrouse empate a cero goles no campo do Negreira.

CD AS PONTES XUVENIL: Por outra banda, partido moi importante este sábado para o cadro xuvenil (3º e 37 puntos) ante o xa campión Meirás. O conxunto pontés debe sumar os tres puntos no Misael Prieto para superar ó Eume Deportivo (2º con 38 puntos), equipo que esta xornada recibe na Gándara ó Galicia de Mugardos (4º con 31 puntos) e quédalle por descansar na penúltima xornada e na derradeira visitar ó Meirás. Ademais de visitar ó campión, nas seguintes xornadas o As Pontes recibe no Poboado ó Narón “A” (8º) e visita na derradeira ó Cultural Maniños, penúltimo clasificado.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (35ª xornada)
C.D. AS PONTES – S.D. NEGREIRA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 23 de Abril de 2017 (17:30 h)
ÁRBITRO: DAVID IGLESIAS MELÓN (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES (Descansa)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES
Campo Misael Prieto (Meirás)
Sábado 22 de Abril de 2017 (17:30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Mércores 26 de Abril de 2017 (18:30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 22 de Abril de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD AS PONTES “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 22 de Abrill de 2017 (10:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA CARANZA “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 22 de Abril de 2017 (11:40 h)
RACING SAN PEDRO CF – CD AS PONTES “B”
Campo da Gándara 3 (Ferrol)
Venres 21 de Abril de 2017 (18:05 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD NARÓN – CD AS PONTES
Campo do Cadaval (Narón)
Venres 21 Abril de 2017 (19:30 h)
CD AS PONTES “B” – NARÓN O FREIXO “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 22 de Abril de 2017 (12:45 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios