CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 28-29-30 / OUTUBRO /2016

As Pontes e Ordes, equipos que aínda non gañaron, enfróntase este domingo no Poboado por vixésima quinta vez

Os dous equipos están a atravesar malos momentos, con profundos cambios nos planteis esta tempada, o que lles custa conxuntarse e adaptarse á categoría. Ocupan as dúas derradeiras prazas na clasificación, con dous puntos o Ordes e dous máis o As Pontes. Os dous aínda sen gañar un partido nas dez xornadas que se levan disputadas.

Os azuis están a ser moi prexudicados polas actuacións arbitrais, sobre todo nos últimos choques. Levan un só penalti a favor, por seis en contra, catro nas últimas catro xornadas. Cinco puntos perdidos en dous incomprensibles descontos consecutivos. Polo que o cadro pontés, nunha hipotética clasificación, tería agora nove puntos máis, ós que habería que engadir posiblemente outros catro máis, co que sumaría 13 puntos. Nesa hipotética clasificación estaría por riba do Cerceda, subcampión do pasado ano, e empatado a puntos con Alondras, Negreira e Vilalonga.

O conxunto ordense, fundado en 1953 e con 22 tempadas na 3ª División, é o equipo que máis veces xogou no Poboado, 24 partidos oficiais, onde gañou en catro partidos (a última, a tempada anterior por 0-1), por 15 o As Pontes e houbo cinco empates. Os ponteses totalizan 49 goles e o Ordes 24 tantos.

Tódolos equipos de base xogan esta fin de semana. Os de fútbol 11 o sábado e os de fútbol 8 este venres 28, agás o feminino, que aprazou o seu compromiso para o martes, 1 de novembro, coincidindo precisamente coa Feira de Fungos e Cogomelos, que se celebrará ese día na vila pontes.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (11ª xornada)
C.D. AS PONTES – S.D. CLUB ORDES
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 30 DE OUTUBRO DE 2016 (17,00 h)
ÁRBITRO: DANIEL HERNÁNDEZ GONZÁLEZ (Ourense)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CF MANDIÁ
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
MARTES 1 DE NOVEMBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD CARIÑO – CD AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL (Cariño)
SÁBADO 29 DE OUTUBRO DE 2016 (16,30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
SRD PORTUARIOS B – CD AS PONTES
CAMPO DE ANEIROS (Ferrol)
SÁBADO 29 DE OUTUBRO DE 2016 (11,00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – RACING FERROL B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 29 DE OUTUBRO DE 2016 (11,30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2016 (18,30 h)
O FREIXO NARÓN C – CD AS PONTES B
CAMPO DE RÍO SECO (Narón )
VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2016 (19,30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2016 (17,30 h)
RACING SAN PEDRO B – CD AS PONTES B
CAMPO DA GÁNDARA (Ferrol)
VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2016 (18,05 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
GALICIA CARANZA C – CD AS PONTES
CAMPO DE CARANZA (Ferrol)
VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2016 (19,20 h)
CD AS PONTES B (Descansa)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios