Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 7-8-9 / OUTUBRO / 2016

Partido moi importante o que disputa o As Pontes este domingo na Coruña diante do Silva.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Partido moi importante o que disputa o As Pontes este domingo na Coruña diante do Silva.

Seis puntos separan ós dous equipos na clasificación, Silva 12º con 9, despois da súa vitoria en Castro; e As Pontes penúltimo con só tres e aínda sen gañar un partido no que vai de liga. Polo que o partido deste domingo pode marcar o futuro na competición do cadro das Pontes, xa que o que non sexa unha vitoria complicaríalle, e moito, a súa situación na clasificación.

Non cabe dúbida sinalar que o rival é comprometido. Ademais, hai que ter en conta que gañou a anterior xornada en Castro e nas dúas confrontacións anteriores en campo coruñés saldáronse con senllas derrotas do As Pontes, na tempada 2014/15, 1-0 a prol do Silva, e na pasada campaña, goleada do conxunto coruñés por un claro 4-0.

O Silva venceu na primeira xornada en Negreira e o pasado domingo en Castro, os dous polo mesmo resultado (0-1). Empatou nos campos do Fabril e Céltiga e na casa ante o Alondras. Precisamente, as dúas derrotas foron no seu campo da Grela diante de Barbadás e Ribadumia.

Como sinalamos, o As Pontes tan só ten tres puntos, grazas ós empates no Poboado ante Alondras, Dubra e Bergantiños. O resto, catro derrotas; polo que, con sete xornadas disputadas, ocupa posto de descenso directo, a catro puntos da salvación momentánea. A vitoria na Coruña é o único resultado que lle vale.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (8ª xornada)
SILVA S.D. – C.D. AS PONTES
CAMPO DA GRELA-1 (A Coruña)
DOMINGO 9 DE OUTUBRO DE 2016 (18,15 h)
ÁRBITRO: ZULEMA GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Ourense)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – ADCR SANTA MARIÑA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
DOMINGO 9 DE UTUBRO DE 2016 (12,00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (Grupo A)
CD AS PONTES – EF ENSANCHE
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
SÁBADO 8 DE OUTUBRO DE 2016 (17,00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (Grupo B)
GALICIA SDC MUGARDOS – CD AS PONTES
CAMPO DA PEDREIRA (Mugardos)
SÁBADO 8 DE OUTUBRO DE 2016 (10,30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (Grupo C)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 7 DE OUTUBRO DE 2016 (17,30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (1ª Fase)
AD MIÑO – CD AS PONTES
CAMPO MUNICIPAL (Miño)
SÁBADO 8 DE OUTUBRO DE 2016 (12,30 h)
CD AS PONTES B – RACING SAN PEDRO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 7 DE OUTUBRO DE 2016 (18,15 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (1ª Fase)
O FREIXO NARÓN B – CD AS PONTES
CAMPO DE RÍO SECO (Narón)
SÁBADO 8 DE OUTUBRO DE 2016 (11,00 h)
CD AS PONTES B – RACING FERROL B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
VENRES 7 DE OUTUBRO DE 2016 (19,15 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (1ª Fase)
CD AS PONTES – O FREIXO NARÓN B
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)

VENRES 7 DE OUTUBRO DE 2016 (17,15 h)
CD NARÓN B – CD AS PONTES B
CAMPO DO CADAVAL (Narón)
VENRES 7 DE outubro DE 2016 (18,45 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios