Nota de Prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes reclama ao Concello o cumprimento da moción que prohíbe a instalación de circos con animais no noso municipio

Comunicado de Xuntos por As Pontes aos circos con animais nas Pontes

O pasado 2 de marzo, Xunt@s por As Pontes presentou unha moción na que se pedía a declaración da nosa vila como libre de circos con animais. Moción que foi aprobada polo Pleno do noso Concello por maioría absoluta e na que figuraban, entre outros, os seguintes acordos:

1.- Que o Concello das Pontes non autorice nen promova ou ampare a instalación de circos con animais no termo municipal. […]

3.- Que o Concello das Pontes non permita a instalación de publicidade de espectáculos circenses con animais no termo municipal“.

Nos últimos días, vimos observando cómo dende o Concello se está permitindo a instalación dun circo con numerosos animais, así como tamén se permite a publicidade do mesmo nas rúas da nosa vila.

Por este motivo, Xunt@s por As Pontes ven de instar ao Alcalde e á Secretaria do Concello o cumprimento do acordado no pleno ordinario do pasado 2 de marzo de 2016.

Máis información en xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios