Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 17-18-19 / MARZO /2017

Triunfo do Xuvenil, Cadete, Alevín A e ambos Prebenxamíns.

Triunfo do Xuvenil, Cadete, Alevín A e ambos Prebenxamíns.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL (1-3)

O Racing de Ferrol venceu no Poboado ó equipo feminino por 1-3. As ferrolás recordaron ó equipo que gañou a Liga o ano pasado, co que as verdes póñense terceiras con 58 puntos, por 64 de O Val B e 69 do Maniños. As pontesas son cuartas con 57, antes de visitar ó Amistade de Meirás, oitavo.

E iso que se adiantaron as azuis ó pouco do comezo con tanto de Paula Baamonde, pero no segundo tempo dous tantos de Alba Permuy e un de Rita deron a volta ó marcador. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD CARIÑO (6-0)

Goleada do Xuvenil ante o colista Cariño, 6-0. Preto do descanso, Casas adiantou ós de Felipe Mieres, e no segundo período outros dos tantos de Miguel, e tres de Josiño, estableceron o marcador definitivo.

Segundos con 34 puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Meidán, Fraga, David, Bruno, Unai, Chema, Carlos, Iago, Cazás, Casas, Josiño, e despois Manuel Romero, Alex Barro e Derick.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES (1-4)

Bo triunfo do Cadete de Rubén Pardo, que gañou 1-4 en Fene, marcando os catro tantos Vicente Iglesias, tres no primeiro período, o que sentenciou o partido.

Sextos con 20 puntos, na vindeira xornada reciben ó líder con pleno de 16 vitorias, Ánimas. Xogaron Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Adrián, Xoel, Vicente, Xan, Jose, e despois Azoin, Xavi, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD NARÓN “B” (1-3)

Perdeu o Infantil ante o actual líder CD Narón B 1-3. Nada máis comezar o encontro anotou Semanegn. Ó pouco empatou Manuel Novo, pero no último tramo do segundo tempo dous tantos de Kevin e Miguel deron os tres puntos ós naroneses.

Terceiros con 20 puntos, visitan ó Cedeira, sexto. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Hugo Blanco, Mario Fraga, Manuel, Jandro, Xoel, e despois Edgar, Sergio Hermida, Sergio Paz, e Mateo.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – RACING FERROL “B” (6-3)
CD CARIÑO – CD AS PONTES “B” (3-3)

Vitoria do Alevín A 6-3, con ambos hat trick de Alex Montero e Diego Purriños. Seguen líderes con 30 puntos, antes de visitar ó colista San Sadurniño. O Alevín B, a pesar de ir gañando 0-1 e 1-3, empatou 3-3 en Cariño e sétimos con 15 puntos reciben ó segundo con 29, Eume. Goles de Anxo Blanco, Xandre Fernández e Israel Varela.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA “C” (1-2)
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES “B” (3-0)

Derrota do Benxamín A 1-2, tanto de Diego Lozano, e o que é peor, ante o seu rival directo na loita pola Liga, o Caranza C, co que os ferroláns son segundos con 29 puntos, a un só dos azuis, que lideran con 30, antes de visitar ó Ortigueira, quinto. O Benxamín B perdeu sorprendentemente 3-0 ante o colista Perlío, equipo que perdera os seus once encontros disputados anteriormente. Sétimos con 11 puntos, reciben ó Cedeira, quinto.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (1-4)
CD AS PONTES “B” – MEIRÁS CF (2-1)

Gran triunfo do Prebenxamín A 1-4 na Liga dos mellores ante o primeiro equipo do Galicia de Caranza, con tres tantos de Xandre Domínguez e un de Nacho Villasuso. Terceiros con 25 puntos reciben ó colista Numancia. Vitoria do Prebenxamín B 2-1 ante o Meirás, tantos de Xoel Galego e Guillermo Folgar. Cuartos con 25 puntos visitan ó líder Maniños.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios