CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 23-24-26-27/ MARZO /2016

A derrota no derradeiro suspiro o pasado domingo ante o Rápido de Bouzas complicoulle a situación ó CD As Pontes, que agora está a tan só cinco puntos do descenso por arrastre.

A derrota no derradeiro suspiro o pasado domingo ante o Rápido de Bouzas complicoulle a situación ó CD As Pontes, que agora está a tan só cinco puntos do descenso por arrastre.

O cadro das pontes necesita cando menos 47 puntos para asegurar a permanencia na categoría. Con trinta xornadas disputadas conta con 40 e quédalle un calendario un tanto complicado. Xoga fóra contra Boiro (1º), o vindeiro domingo, Ribadeo (17º), Noia (19º) e Cerceda (3º) e recibe no Poboado a Arousa (8º), Alondras (11º), Racing Vilalbés (5º) e Deportivo B (4º).

O líder Boiro será o primeiro escollo para os ponteses. É líder en solitario con 4 puntos sobre o Choco. A esta dificultade hai que engadir a que Bossa, Pablo Domínguez e Adrián Martinez son baixa por sanción.

Esta será a 17ª visita a Barraña, onde o As Pontes gañou en tres ocasións, dúas en 3ª División (85/86 e 86/87) e unha en Preferente (2004/05). Os demais enfrontamentos foron tres empates e dez derrotas. Na presente tempada gañou claramente no Poboado por 4-2) despois de realizar un gran partido. https://aspontesenfeminino.wordpress.com/2015/11/09/cd-as-pontes-feminino-508/

Ó non haber competicións de liga, esta semana é aproveitada para disputar as semifinais de copa. O cadro xuvenil enfróntase ó Portuarios este xoves 24 e o sábado 26, mentres que o equipo cadete só disputa a ida en Pontedeume este mércores 23. Os demais equipos participan en diversos torneos e varias localidades.

TERCEIRA DIVISIÓN (31ª xornada)
C.D. BOIRO – C.D. AS PONTES
CAMPO DE BARRAÑA – BOIRO – DOMINGO 27 (18,00 h)
ÁRBITRO: ALEXANDRE MAZAIRA RODRÍGUEZ (Ourense)

COPA COMARCAL XUVENIL (Semifinal ida)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo do Poboado – As Pontes (Xov. 24, 16,30 h)

COPA COMARCAL XUVENIL (Semifinal volta)
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES
Campo de Aneiros – Ferrol (Sáb. 26, 16,30 h)

COPA COMARCAL CADETE (Semifinal ida)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara – Pontedeume (Mér. 23, 18,00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios