O CD As Pontes enfrontase o Racing Vilalbés en partido de rivalidade adiantado á tarde do sábado 30. O resto dos encontros xóganse na xornada do domingo 1 de maio.
Os As Pontes, salvo a circunstancia dunha morea de carambolas de resultados nas tres derradeiras xornadas, continuará un ano máis na categoría, xa que supera en sete puntos a un teórico terceiro descenso por arrastre da Segunda División B.
O Vilalbés, con 85 anos de vida, visita o Poboado por 17ª ocasión, onde gañou en cinco encontros, o primeiro (0-1) na tempada 1993/94 (3ª División) na súa primeira confrontación oficial en campo pontés, aínda que nas décadas dos 70 e 80 disputou varios trofeos Vila das Pontes contra o entón CD Endesa, gañando precisamente a primeira edición deste histórico trofeo pontés en 1974 por 2-3. Pola súa banda, o As Pontes venceu no seu campo en 7 encontros e rexistráronse cinco empates. Neses 16 partidos, o cadro pontés marcou 19 goles por 13 dos chairegos.
Que dúbida cabe de que o choque promete ser interesante, dada a rivalidade entre os dous conxuntos, e ademais, porque os ponteses quererán ofrecer unha vitoria á súa afección, primeiro, para certificar a permanencia na Terceira División, e logo para “vingarse” da derrota por 3-1 sufrida na primeira volta en campo chairego, na que o verdadeiro protagonista foi o árbitro do partido, o ourensán Breogán Martinez Vila, que tivo unha desastrosa actuación nun partido que transcorreu con normalidade, pero que rematou con escándalo.
TERCEIRA DIVISIÓN (36ª xornada)
C.D. AS PONTES – RACING CLUB VILALBÉS
CAMPO DO POBOADO (As Pontes) – SÁBADO 30 (18,00 h)
ÁRBITRO: DAVID IGLESIAS MELÓN (Vigo)
SEGUNDA AUTONÓMICA – FERROL
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES “B”
Campo dos Pinares – Perlío (Dom. 1, 17,00 h)
LIGA XUVENIL COMARCAL – FERROL
CD AS PONTES – GALICIA SDC MUGARDOS
Campo do Poboado – As Pontes (Dom. 1, 12,00 h)
LIGA FEMININA FÚTBOL 8 – FERROL
CF MANDIÁ – CD AS PONTES
Campo da Gándara 3 – Ferrol (Ven. 29, 21,00 h)
LIGA CADETE COMARCAL – FERROL
SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde – O Val (Sáb. 30, 18,30 h)
LIGA INFANTIL COMARCAL – FERROL
SRD ÁNIMAS – CD AS PONTES
Campo da Gándara 1 – Ferrol (Sáb. 30, 11,30 h)
LIGA ALEVÍN F-8 – FERROL
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares – Perlío (Ven. 29, 18,00 h)
CD AS PONTES “B” (Descansa)
LIGA BENXAMÍN F-8 – FERROL
CUD CEBARCA – CD AS PONTES
Campo Municipal – A Barqueira (Sáb. 30, 12,45 h)
CD AS PONTES “B” – MEIRÁS CF
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 30, 11,00 h)
LIGA PREBENXAMÍN F-8 – FERROL
CD NARÓN – CD AS PONTES
Campo do Cadaval – Narón (Sáb. 30, 12,15 h)
CD AS PONTES “B” – RACING SAN PEDRO
Campo do Poboado – As Pontes (Sáb. 30, 12,10 h)
Nova cortesía de A.F.