Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 21-22 / MAIO / 2016

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE
CD As Pontes – SD Residencia (2-1)
COPA FEMININA F8 (D. Ferrol)
UD Cebarca – CD As Pontes (0-7)
PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios B (9-0)
Racing San Pedro “B” – CD As Pontes “B” (2-7)
PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes “B” – SD Barallobre (4-3)
CAMPIONATO DE COPA (Xornada de convivencia en O Val)
O Benxamín “A” chegou a semifinais e o B caeu na fase de grupos
CAMPIONATO DE COPA (Xornada de convivencia en O Val)
O Prebenxamín “A” subcampión
COPA AFACO XUVENILO E INFANTIL (Fase de grupos)
Eliminados os equipos xuvenil e infantil

FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE
CD As Pontes – SD Residencia (2-1)

Bo resultado do Cadete pontés na ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso. Venceu por 2-1 ó Residencia de Lugo, e iso que se adiantaban os visitantes ó pouco do comezo do segundo tempo por medio do seu lateral dereito Pablo López; pero Mateo empataba pronto, e a cinco minutos do final Pani anotaba o tanto que dá esperanzas de cara ó encontro de volta en campo lugués.
Xogaron polo As Pontes, Mateo Cociña, Carlos, David, Fraga, Bruno, Chema (Alex Barro 67´), Dani, Javi (Pani 59´), Cazás (Alex López 73´), Alberte e Mateo.

COPA FEMININA F8 (D. Ferrol)
UD Cebarca – CD As Pontes (0-7)

O feminino gañou na Barqueira por 0-7 ó Cebarca nos oitavos de final da Copa, co que avanza ós cuartos. Xogaron Leti, Yolanda (1), Noelia Santalla, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro (2), Xeila, Paula Castro (3), Carlota (1) e Yara. En cuartos de final enfrontaranse no Poboado ó Mandiá, ó que gañou na liga por 3-1 (no Poboado) e empatou a un gol en Ferrol.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios B (9-0)
Racing San Pedro “B” – CD As Pontes “B” (2-7)

Paso adiante do Alevín A pontés de cara ó título de Liga ó gañar 9-0 ó Portuarios B, tantos de Xoel Purriños (2), Alejandro López (2), Sergio Paz, Hugo Blanco, Ismael Freire, Sergio Da Silva, e un en propia meta. Teñen 42 puntos, un máis que o Eume, co que se xogarán a Liga na derradeira xornada. De vencer ó Val, cuarto clasificado nestes momentos, pero cun encontro menos que xogará este luns, serían campións matematicamente.
Pola súa banda o Alevín B gañou por 2-7 ó San Pedro B, catro de Diego Purriños, e un de Alex Montero, Sergio Cabarcos, e Martín Calvo, e seguen segundos con 45 puntos antes de rematar a Liga contra o Amistade de Meirás B, sexto. Pero lidera o Eume B con 47, visitando ó colista Cebarca, así que semella que gañarán a Liga.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD As Pontes “B” – SD Barallobre (4-3)

O Prebenxamín B gañou 4-3 ó líder Barallobre, con goles de Xalo Cascudo, Xalo Cebreiro, Xandre Domínguez e un en propia meta. O equipo fenés levaba 20 vitorias consecutivas, pero nesta ocasión víronse superados polos ponteses, que fixeron un bo partido, sobre todo na segunda parte. O As Pontes “B” é segundo (por goal average) cos mesmos 50 puntos que o Ánimas “B”, e de gañar no derradeiro encontro na súa visita ó quinto clasificado, Galicia de Caranza, quedarían nesa posición.

CAMPIONATO DE COPA (Xornada de convivencia en O Val)
O Benxamín “A” chegou a semifinais e o B caeu na fase de grupos

O Benxamín A pontés alcanzaba as semifinais nun prestixioso torneo, no que participaban 30 equipos, pois tódolos grupos acabaron as súas Ligas. No seu grupo perdían 3-1 co Narón O Freixo, empataban 0-0 co Eume Deportivo, e vencían 3-1 ó Ortigueira, pasando como segundos de grupo ós oitavos de final, nos que se impuxeron 3-1 ó Caranza B, logo en cuartos 2-0 ó CD Narón, caendo en semifinais, outra vez ante o Narón Freixo, nesta ocasión por 5-1, equipo que acabou gañando o torneo ó Racing de Ferrol C, sendo o outro semifinalista O Val C.
Non puido o Benxamín B, que caían nos tres partidos, 3-1 co Racing de Ferrol, 4-0 co Caranza A e 1-0 co Caranza C.

CAMPIONATO DE COPA (Xornada de convivencia en O Val)
O Prebenxamín “A” subcampión

Nos torneos de Convivencia (novo sistema de copa) da semana pasada, o Prebenxamín A pontés quedou subcampión. No seu grupo perdían 1-0 co Racing de Ferrol, pero logo vencían 2-0 ó Caranza C e 3-1 ó Portuarios. Xa na Fase Final gañaban 4-0 ó Animas en cuartos, voltaban a vencer en semifinais ó Caranza C, nesta ocasión por penaltis, 3-2, tras empatar a 0-0, e caían na gran final, 4-1 co Racing de Ferrol.

COPA AFACO XUVENILO E INFANTIL (Fase de grupos)
Eliminados os equipos xuvenil e infantil

O Xuvenil quedou eliminado da Copa Afaco na fase de grupos disputada en Miño. Vencía ó Eume Deportivo por penaltis 4-2, tras empatar no tempo regulamentario 1-1. Pero a derrota 2-0 co equipo local deixábaos fóra das semifinais.

En canto ó As Pontes infantil, que xogaba en Narón, perdía no primeiro partido por 2-0 co equipo anfitrión, Narón “A”, nas semifinais do seu grupo, quedando polo tanto eliminado, aínda que se resarcía derrotando 8-0 ó Val B na final de consolación.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios