CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 8-9-10-11 / DECEMBRO / 2016

O primeiro equipo, xogando cun menos case todo o encontro, foi goleado 5-0 polo Deportivo B. Triunfos do Feminino, Xuvenil e Benxamín A.

Nesta xornada de ponte apenas xogaron seis dos equipos do CD As Pontes, descansando o Infantil, os dous Alevíns, o Benxamín B e o Prebenxamín A, á espera de que comecen ás súas respectivas Ligas.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17
R.C. DEPORTIVO B – C.D. AS PONTES (5-0)

O primeiro equipo perdeu 5-0 no Mundo do Fútbol en Abegondo. Derrota asumible, aínda que o resultado escoce un pouco. Toca olvidalo e centrarse na final da vindeira fin de semana contra o Ribadumia.

O As Pontes aguantou ben o primeiro cuarto de partido, pero escapábase calquer opción no minuto 27, nun penalti, no que ademáis era expulsado Edi, o xogador máis imprescindible do equipo. Anotou Óscar Pinchi o seu duodécimo gol da tempada.

Despois do descanso, o Deportivo B, no que estaba o pontés Enrique Fornos, anotaba o segundo por medio de Edu Expósito.

Despois chegou o festival de Borja Domingo, que anotaba outros dous tantos, todos eles nos dez primeiros minutos do segundo período.

Colmo de males, completaba o hat trick o xogador valenciano, que xa suma dez tantos, no tempo de prolongación establecendo o 5-0 definitivo. O mesmo futbolista xa marcara no 4-0 da Copa Deputación. Os outros tantos foran de Pinchi (2) e Lucas.

Xogaron Paco, Criado, Buyo, Callón (Jandro 61´), Edi, Rubio, Ramos, Álvaro (Samu 53´), Marcote, David G e Jaime (Alex Cabarcos 71´).

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – SCD A CAPELA (5-0)

O equipo feminino venceu este xoves por 5 a 0 ó veciño da Capela. Debutaron rapaciñas novas como Carolina Paz ou Verónica Carballido, que ademáis marcaron ambas na segunda metade. Na primeira o equipo de Pita e Montero xa gañaban 3 a 0 con dous tantos de Indira e un de Paula Castro.

Seguen nunha boa terceira praza con 34 puntos, a dous de O Val B e seis do líder Maniños. Na vindeira xornada visitan ó Galicia de Caranza, conxunto que está a facer unha gran tempada, e vai quinto con 27 puntos, para rematar a primeira volta na casa recibindo ó Rápido de Neda.

Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Nuria, Indira, Verónica, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (Grupo 4º)
CD AS PONTES – EF ENSANCHE (2-1)

Bo e sufrido triunfo do xuvenil, que venceu na casa 2-1 ó sempre complicado Ensanche. Os azuis xa gañaban ós vinte minutos por 2-0, con tantos de Alex Barro e Sergio Cazás, e ademáis foi expulsado un xogador visitante ós dez minutos, pero complicáronse a vida cun tanto de Mario ó pouco do comezo do segundo período.

No último cuarto de partido, resaltar un cabezazo de Casas que se vai por pouco, e dúas oportunidades de Josiño, un córner directo e un tiro cruzado tras regatear a dous rivais, nos que Carlos salvou in extremis. Tamén hai que destacar nos visitantes, unha contra que pilla desprevido a David por banda esquerda e salva Pita providencial, unha ocasión na que Mario queda só, pero escápaselle o balón, e un máis que probable penalti de Unai a Jorge.

Cunha gran ocasión de Manuel Romero, que só ante o gardamallas visitante tirou unha vaselina que se foi por pouco, e unha innecesaria expulsión de David, rematou o encontro.

Os de Felipe Mieres son líderes con 10 puntos, e na vindeira xornada visitan ó colista Cariño. O triunfo ten máis mérito se cabe, pois nun conxunto que xa tivo unha pretempada difícil, apenas afrontou o encontro con trece xogadores, e Fraga retirouse tocado.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Alex Barro, Pita, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Manuel Romero, e ó borde do final Derick Sakpa.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (Grupo 4º)
AD MIÑO – CD AS PONTES (4-0)

O equipo cadete perdeu en Miño por 4-0, con tres tantos de Pedro e un de Juan. Novenos con catro puntos reciben á Cultural Maniños, un posto e un punto por debaixo. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Adrián, Jose, Vicente, Xoel e Joan, entrando despois Azoin, Jorge, Mohamed e Antón Cillero.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF (7-2)

O Benxamín A venceu 7-2 ó Meirás no seu estreo no grupo terceiro, co que se sitúa líder provisional, antes de visitar ó Galicia de Caranza C, que venceu 0-1 ó Ánimas. Tres goles de Sergio Vázquez, dous de Diego Lozano, e un de Xalo García e Destaw Pellón.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES B – UD CEBARCA (1-6)

O Prebenxamín B comezou a liga no grupo terceiro con derrota 1-6 ante o Cebarca, e na seguinte xornada visitarán ó Meirás, que hoxe gañou 8-0 ó San Sadurniño B. Tanto da honra de Xoel Galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios