Club de Montaña O Caxado
O Sabado dia 23, 4 compañeiros do club acompañaron á xente do Club de montaña O Carroucho de O Burgo, que viñeron a recorrer a ruta das fragas da Ribeira e do Lostegal.
Aínda que o tempo nestes últimos días non invitaba moito a botarse ó monte, da Coruña chegou un autobus con 50 personas dispostas a mollarse. Foron con eles ata Vilarbó donde os compañeiros do Caxado continuaron a ruta mentras os coruñeses paraban a comer.
O Domingo 24 a saída era as Fragas do Eume, pero nesta ocasión foi pola outra banda do rio, polas terras de Monfero. A ruta consisteu nun recorrido de 20 km polos cumios do Sanguiñedo e subida á Penafesa desde donde hai unha vistra panoramica estupenda chegando a verse a cidade da Coruña ou mesmo as terras de Meirama. Mandamosvos algunhas fotos do Domingo.
Tamen aproveitamos para adiantarvos que no Club O Caxado estamos traballando para programar unha saída cada mes apta para todo o que queira participar. En principio as datas e saídas que se estan manexando son:
- 21 de Febreiro – Bermui
- 14 de Marzo – Mugardos
- 18 de Abril – Penafesa
- 30 de Maio – Trabada
- 20 de Xuño – O Barqueiro.
Aínda que poida haber cambios xa informaremos dos detalles tanto para anotarse como do precio nos casos nos que hai que dispoñer de transporte.
Nova cortesía de Chucho