Club de Montaña O Caxado – Andaina a Bermui

O Club de Montaña O Caxado, organiza unha andaina a Bermui este Domingo 28 de Febreiro.

Andaina a Bermui
Ida e volta ata a fervenza das Painceiras en Bermui.
Domingo 28 de Febreiro
Saída as 9 da mañá do Bar Calvo
Distancia 18 kms
Dificultade media-baixa


Anotarse antes das 2 da tarde do Sabado día 27 chamando ao número 654166777 ou no e-mail: jcaaveiro@yahoo.es
Saida-Bermui_001.jpg


Consellos para Camiñantes
IMPRESCINDIBLE
Mochila. Botas de sendeirismo ou calzado robusto que protexa os nocellos e teña piso de goma con debuxo. Non esquezas nunca a capa ou poncho impermeable ou chuvasqueiro.
CALOR
Pantalóns lixeiros curtos, longos ou desmontables. Camisola de algodón, forro polar fino/medio ou sudadeira.
Lentes de sol, crema protectora solar e barra protectora labial. Gorra ou pucho.
Auga.
ENTRETEMPO
Realiza unha combinación do aconsellado para calor ou frío segundo as condicións atmosféricas xerais e a túa sensibilidade respecto a elas.
FRÍO
Pantalóns longos, camisola térmica, forro polar, chaqueta cortaventos impermeable ou anorak. Braga de pescozo ou bufanda e luvas.
Procura empregar prendas sintéticas de fibras térmicas ou equivalentes; son máis lixeiras, secan antes e conservan mellor a calor.
ACONSELLABLE
Leva calcetíns e camiseta para mudar. Se estreas botas, leva outro calzado de reposto máis cómodo.
Se a túa mochila non é impermeable, garda nela todo dentro de bolsas de plástico.
Axusta a mochila ben pegada ás costas e sitúa dentro o que máis pese xunto ao corpo e na parte superior, procurando evitar o efecto panca.
Conta con auga abonda (1 l en inverno e 1,5 a 2 l no verán). Leva algo de froita e froitos secos ou barriñas enerxéticas.
É aconsellable levar un bastón que axuda a aliviar o esforzo nas pernas tanto nas subidas canto nas baixadas, así como un pequeño botequín ou cando menos unhas tiriñas para as bochas e rozaduras do calzado.
É importante ter unha condición física acorde co esforzo que se vai facer. Cada un debe saber ata onde pode chegar tendo en conta a súa preparación fisica, o seu estado de saude e o seu equipamento.
Coida en todo momento a natureza que te rodea e respecta a vida rural e a propiedade privada, deixa as cancelas e peches como estaban e fai que os que van contigo tamén o cumpran.

También podría gustarte
Comentarios