Club de montaña O Caxado – Andaina a Monfero

Dentro das actividades deste fin de semana doce socios do club desprazaronse o sábado ata Padron para participar na III Adaina Bisbarra do Sar. Despois de camiñar os 50 kms da proba, remataron todos sen ningun problema, segun nos contaron, a organización foi moi boa, como en anos anteriores, e o percorrido que variou algo con respecto ó do último ano foi un pouco máis duro.O día estuvo despexado ata media tarde cando comezou a chover. A seguinte proba de 50 Kms é o vindeiro 8 de Maio en Santiago de Compostela.
Por outra banda o Sabado 24 a asociación de veciños de Cabreiros veu percorrer a ruta das fragas da Ribeira e O Lostegal e foron acompañados por algunha persoa do Club de Montaña. Saída as 10 da maña do Polideportivo e logo de moitas risas, algunha caida sen consecuencias, parada para xantar, o último esforzo para subir a costa do Lostegal, volta a As Pontes un refresco e pa casa. Salientar a boa organización, e sobre todo a parte gastronómica da mesma, pois foi todo un exito.
III-Andaina-Bisbarra-do-Sar-2010_001.jpg


III-Andaina-Bisbarra-do-Sar-2010_002.jpg
Ruta-da-Ribeira_Lostegal---Un-alto-no-camino.jpg
Ruta-da-Ribeira_Lostegal---Rematando-a-subida.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios