Club de montaña O Caxado

O pasado sábado día 1 de Maio o Club de Montaña O Caxado organizou unha camiñada ata Goía en Lousada. Participaron doce compañeiros que sairon as 8 da maña do polideportivo municipal e que decidiron variar a ruta con respecto a veces anteriores, por iso forn pola Cuiña, subida á Carballeira, O Caneiro, Maciñeira e de alí subida ata o cruce do Paio, logo Carracedo, A Armada A Pía e subida final ata O Penote atravesando a canteira. A volta por Roupar para coller cara A Torre , subir á Castrillan e logo polo alto ata A Carballeira e baixar de novo pola Cuiña. Foi un pouco máis largo pois fixeron o redor de 38 kms para rematar de novo nas Pontes as 4 da tarde. O peor foi o tempo ,ois como podedes ver polas fotos o día estaba cuberto con neboa e por veces con chuvia.
Goia_No-alto-do-Penote.jpg


Goia_Na-ponte-de-Macineira.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios