Club de Montaña O Caxado

Este fin de semana o club de montaña participou en duas actividades. O venres dia 12 organizouse unha marcha nocturna pola ruta do encoro da Ribeira_vilarbó que como sabedes andamos a limpar e marcar para poder inaugurala proximamente. Saiuse de diante do polideportivo municipal e despois dun percorrido sin ningun atranco pero con un punto de vista distinto, os 7 compañeiros que participaron, voltaron á saída arredor das 3 da maña.
Por outra banda o sabado 13 desplazamonos a Ferrol 12 socios do club que xunto con outros dous socios de Ferrol participamos na andaina de 50 Km dende Ferrol a San Andres de Teixido. Saímos as 8:30 da maña da Praza de Armas e rematamos a proba todos, dende o primeiro que entrou o redor das 4 da tarde ata os dous ultimos que chegamos as 6:20, logo voltamos a Ferrol nos autobuses que pon a organización para recoller s vehiculos particulares e voltar á casa.
E como pon o lema da camiseta que a organización lle regala a cada un dos camiñantes que remata a andaina, xa podemos decir… ¡¡¡EU FUN DE VIVO !!!

club-de-montana-O-Caxado-San-Andres-2009.jpg


Nova cortesía de Jesús

También podría gustarte
Comentarios